Lectores Galegos en Bos Aires



Perfil
lectoresenbosaires@gmail.com
 O que lemos
 Buscador
 Blogomillo
 Esas lecturas pasadas
 Anteriores
 Destacados

Suso de Toro en Bos Aires
O autor galego chegará hoxe martes ao Río da Prata onde impartirá conferencias e visitará institucións e colectivos da diáspora.

O escritor Suso de Toro chegará esta semana ao Río da Prata onde ofrecerá un feixe de conferencias aos galegos da diáspora co gallo do Día das Letras. Organizadas pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta, as xuntanzas serán na Biblioteca Nacional de Uruguai hoxe, e no Teatro Castelao e na Universidade de Belgrano, da Arxentina, os mércores e xoves. Finalmente, o sábado, o autor visitará a Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina onde os galegos e galegas bonaerenses poderán escoitalo e falar con el.

"Co gallo do Día das Letras Galegas, o escritor galego impartirá as siguientes conferencias, con entrada libre y gratuita", anunciou un comunicado. A lista comeza esta tarde ás 19 na sala Acuña de Figueroa da Biblioteca Nacional de Uruguai. Xa na Arxentina, as presentacións serán o mércores ás 20 no Teatro Castelao do Centro Galego de Bos Aires e o xoves ás 19 na Universidade de Belgrano. Tamén pasará o sábado ás 19 pola Federación de Sociedades Galegas.

O primeiro dos actos en Bos Aires, foi organizado polo Instituto Arxentino de Cultura Galega do Centro Galego de Bos Aires co auspicio da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e, ademáis da conferencia do autor de Land Rover e Home sen nome, inclúe a actuación do tradicional Coro do Centro Galego.

A segunda presentación, organizada polo Instituto de Estudos Galegos da Universidade de Belgrano que dirixe Adolfo Lozano, se desenrolará no Edificio Torre da Universidade, nas rúas Zabala e Villanueva.

Finalmente e antes de voltar a Galicia, Suso de Toro percorrerá o pazo que a Federación de Sociedades Galegas ten sobre a rúa Chacabuco 955. Alí coñecerá o Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA), como mesmo fixo o escritor Manuel Rivas fai menos dun mes, e ofrecerá unha conferencia aí rodeado polos galeguistas exiliados que fixeron desa entidade un sitio de resistencia e dignidade.

Xesús de Toro Santos (Suso de Toro) naceu en Santiago en 1956. É licenciado en Arte Moderna e Contemporánea e leva publicados máis de vinte libros de narrativa, ensaio e teatro. Polaroid, Land Rover, Ambulancia, Tic-tac, A sombra cazadora, Trece badaladas, e a súa última novela Home sen nome, son só algunha das súas obras.
Palabras engadidas (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-05-2007 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Engade palabras
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0