Xa estamos listas para convidarvos a acompañarnos noutra aventura de historias, de poesía e de reflexión. O ciclo deste ano, como sabedes, está dedicado á obra de Manuel Rivas e titulámolo As voces baixas de Manuel Rivas. Comezaremos as tertulias o sábado 23 de marzo de 15 a 17 nun novo emprazamento: o Centro Cultural de España en Buenos Aires (CCEBA), na rúa Florida 943.
Na primeira reunión traballaremos as pezas iniciais do autor coruñés que imos levar fotocopiadas, de xeito que non é necesario que merquedes ningún libro.
Tamén deitamos aquí o cronograma dos encontros do ano:
* 23 de marzo, 15:00 hs
Presentación do Ciclo. Libro do entroido (1980).
* 27 de abril, 15:00 hs
Un millón de vacas (1989).
Edicións Xerais de Galicia.
(Premio da Crítica española para obras en lingua galega)
* 18 de maio, 15:00 hs
En salvaxe compaña (1993). Edicións Xerais de Galicia.
* 8 de xuño, 15:00 hs
¿Que me queres, amor? (1995). Editorial Galaxia.
(Premio Nacional de Narrativa)
* 10 de agosto, 15:00 hs
El periodismo es un cuento (1998) Edicions Alfaguara (en castelán)
* 14 de setembro, 15:00 hs
Ela, maldita alma (1999) Editorial Galaxia.
* 19 de outubro, 15:00 hs
Selección de poemas de Do descoñecido ao descoñecido (Antoloxía, 2004). Espiral Maior.
* 9 de novembro, 15:00 hs
O héroe (2005). Edicións Xerais de Galicia.
* 7 de decembro, 15:00 hs
As voces baixas (2012). Edicións Xerais de Galicia.
Presentación do Ciclo 2014
Como sempre, aquí quedamos para responder calquera pregunta. E agardámosvos o 23!! |