O Lar dos Felos - Tioira - Maceda


Nos alegramos de darle la bienvenida a nuestro blog. Ponemos a tu disposición nuestra casa, "O Lar dos Felos" para que pases unos días con nosotros en un ambiente rural donde predomina la tranquilidad, la naturaleza,...

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Entroido 2015
PROGRAMA:

DSC_9752Sábado 7 febreiro, compadres Maceda 2015, ás 20:30 h “Pregón” e “Foguetazo” na Praza das Toldas e ás 21:30 h. Sorteo de agasallos e 2ª edición do porco untado na Aira das Mantas tendo a continuación a ruta de Pinchos

12 de febreiro, xoves de Comadres con saída do concello ás 20 h, cea no restaurante a Dilixencia con animación musical. Prezo 12 euros. Incribirse na oficina de cultura do Concello (telf 988 463001)

14 e 15 de febreiro, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. da praza das Toldas e percorrendo os Felos os pobos da Serra.

Sábado pola mañá recorrerán Castro de Escuadro, Pías, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, Tioira e regreso a Maceda. 20:30 h recibimento dos felos, desfile por Maceda e animación musical na Praza das Toldas dende as 20.30 h.

Domingo saída dende Restaurante A Dilixencia ás 10 h. dos Felos polos pobos da Serra.

16 de febreiro, luns de Entroido teremos festa infantil a partires das 17 h na praza de Maceda.

17 de febreiro, martes de Entroido dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Animación musical e ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais (1º 100 €, 2º 50 €, 3º 30 €) Grupos de máis de 5 participantes (1º 160 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €, 4º 100 €)

18 de febreiro, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas.
Categoría: 02 - Felos - Publicado o 13-03-2015 05:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal