O Lar dos Felos - Tioira - Maceda


Nos alegramos de darle la bienvenida a nuestro blog. Ponemos a tu disposición nuestra casa, "O Lar dos Felos" para que pases unos días con nosotros en un ambiente rural donde predomina la tranquilidad, la naturaleza,...

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Saida micolóxica

O outono empezou a vestir os bosques de amarelos e ocres. Mentras o chao vaise enriquecendo coa caida da folla e das ultimas choivas. Despois de tanto tempo de sequía, casi máxicamente van saindo as setas. Con unhas texturas, unhas cores que nos deixan a todos coa boca aberta. Van saindo timidamente coma pedindo permiso, escondidas e sen facer moito barullo....gardando segredos que Xose Luis moi amablemente nos ven explicar.

A nosa zona é un pequeno paraíso onde medran moitos exemplares e en abundancia. Por desgracia foi unha zona moi esquilmada e xa non e nin a metade do que foi. Pero desde eiqui procuraremos através dos ollos e dos consellos dos entendidos na materia mimar e cuidar os nosos montes.

Nos últimos tempos, as asociaciones micolóxicas van observando con preocupación un descenso de hongos comestibles e un aumento de setas tóxicas. «Debese a su comercialización masiva, algo que habría que limitar de algún modo», explicanos.

Saímos do Lar despois de reunirnos todos e comenzar o día con unhas explicacions básicas e sinxelas. As gañas de sair eran grandes, así que botamonos o monte. Estivemos en diferentes zoas para poder ver a diversidade de cada unha e como cada seta ten o seu espazo. Primeiro estivemos nunha zona de bosque con moita humidade, demos unha volta por os lameiros derredor e fomos atopando diversos exemplares. Os nosos pasos levaronos o monte con carqueixas e toxos, pero todo moi limpo e por fin terminamos nunha pinotea.
As especies atopadas foron moitas e moi diversas, pero esa parte deixamola para despois de comer. Primeiro dimos conta dun bo cocido para repoñer forzas.
A clasificacion foi una tarea interesante xa que Xose Luis explicounos a diferencia entre elas, pequenos trucos para distinguir as toxicas das comstibles. As que non teñen ningun valor culinario, en fin, mil cousiñas que fixeron de este día un día moi agradable.

Quero agradecer especialmente a axuda que nos prestou Xose Luis que é Secretario da asociación micolóxica de Ourense OS COGORDOS. E a todos os participantes pola agradable companía no disfrute dos nosos montes e da recollida de setas.
Xuntanza Micoloxicos
Comentarios (2) - Categoría: Saidas - Publicado o 30-11-2011 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto 2011
O sábado 19 de novembro de 2011 a partires das 20 h. organizado na pensión rústica Lar dos Felos en Tioira (Maceda)

O menú da cea consistirá en churrasco, chourizo, bica, castañas, pan e viño.
O coste que inclue a cea e mais unha camiseta é de 5 €.

É preciso apuntarse antes do 12 de novembro.

Máis información:
Lar dos Felos
Tioira, 113,
32707 Maceda
Ourense

Tefl:
637 735563
988 438700
Comentarios (1) - Categoría: 01 - A Nosa Casa - Publicado o 03-11-2011 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Micolóxicas
O Sábado 26 de novembro de 2011 organizado pola nosa casa e Coa parcipación da Asociación Micolóxica de Ourense organizase unha xornada centrada no mundo das setas co seguinte programa:

- Saída ás 9 da maña dende o Lar dos Felos en Tioira
- Xantar no Lar dos Felos
- Clasificación das setas recollidas e charla sobre o tema a tarde.

Cuota de participación: 15 € por persoa

Máis información:
Lar dos Felos
Tioira, 113,
32707 Maceda
Ourense

Tefl:
637 735563
988 438700
Comentarios (0) - Categoría: 01 - A Nosa Casa - Publicado o 03-11-2011 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal