Nos alegramos de darle la bienvenida a nuestro blog. Ponemos a tu disposición nuestra casa, "O Lar dos Felos" para que pases unos días con nosotros en un ambiente rural donde predomina la tranquilidad, la naturaleza,... |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Felos de Maceda Os arroutados |
|
Redacción . Xa co ocaso do Entroido 2011 no horizonte, a cámara de Xulio Gil e as letras de Isabel Santos preséntannos os felos de Maceda, figuras características do carnaval ourensán que son aínda símbolo da ousadía e o mundo ao revés destas datas.
10.03.2011 | 09:00
TAGS: FELOS , MACEDA , ENTROIDO ,
Por Isabel Santos
Da Serra de San Mamede baixan cada ano os animais máis emblemáticos debuxados nas pantallas dos felos: corzos, cervos, lobos, charrelas, aguias, falcóns,? Os felos de Maceda, irmáns dos peliqueiros, só que con medias negras, colares e caxato na man, posúen unha forza sobrehumana como mensaxeiros do Entroido. O seu percorrido vai facendo brotar os esgutíos da xente (os que outros chamamos aturuxos). Porque por onde pasou un felo, houbo fartura, troula e berros de xúbilo.
Malia que algún ten medrado coa amenaza de ?se non comes, vén o felo?, trátase dunha máscara amábel, que extende o seu caxato cara ás pernas e ao pescozo, en especial das mulleres. Antigamente, era un claro ritual de galanteo no que se lles levantaba a saia, transgresión exclusiva do Entroido. Hoxe agarran homes e mulleres coa intención de esixir os melindros e a bica, símbolos de amizade nun tempo de escasos habitantes.
Maceda é unha das estrelas da constelación máxica do entroido ourensán; os seus felos, uns magos rebeldes e turróns, embaixadores da ledicia máis humana.
|
|
|
|
|