O Lar dos Felos - Tioira - Maceda


Nos alegramos de darle la bienvenida a nuestro blog. Ponemos a tu disposición nuestra casa, "O Lar dos Felos" para que pases unos días con nosotros en un ambiente rural donde predomina la tranquilidad, la naturaleza,...

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os arrotados Felos de MAceda
Redacción . Xa co ocaso do Entroido 2011 no horizonte, a cámara de Xulio Gil e as letras de Isabel Santos preséntannos os felos de Maceda, figuras características do carnaval ourensán que son aínda símbolo da ousadía e o mundo ao revés destas datas.
10.03.2011 | 09:00
TAGS: FELOS , MACEDA , ENTROIDO ,
Por Isabel Santos
Da Serra de San Mamede baixan cada ano os animais máis emblemáticos debuxados nas pantallas dos felos: corzos, cervos, lobos, charrelas, aguias, falcóns,… Os felos de Maceda, irmáns dos peliqueiros, só que con medias negras, colares e caxato na man, posúen unha forza sobrehumana como mensaxeiros do Entroido. O seu percorrido vai facendo brotar os esgutíos da xente (os que outros chamamos aturuxos). Porque por onde pasou un felo, houbo fartura, troula e berros de xúbilo.
Malia que algún ten medrado coa amenaza de “se non comes, vén o felo”, trátase dunha máscara amábel, que extende o seu caxato cara ás pernas e ao pescozo, en especial das mulleres. Antigamente, era un claro ritual de galanteo no que se lles levantaba a saia, transgresión exclusiva do Entroido. Hoxe agarran homes e mulleres coa intención de esixir os melindros e a bica, símbolos de amizade nun tempo de escasos habitantes.
Maceda é unha das estrelas da constelación máxica do entroido ourensán; os seus felos, uns magos rebeldes e turróns, embaixadores da ledicia máis humana.
Comentarios (2) - Categoría: 02 - Felos - Publicado o 11-03-2011 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Sabeis si durante el 2011 van a volver a hacer cosas de este#blgtk08# tipo? Porque en Marzo no pude estar por alli y me lo perdi.
Comentario por Viajes (30-07-2011 14:33)
2 Este recorrido faise sempre o sabado de en#blgtk08#troido, todolos anos desde fai moito tempo
Comentario por (31-07-2011 17:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal