Nos alegramos de darle la bienvenida a nuestro blog. Ponemos a tu disposición nuestra casa, "O Lar dos Felos" para que pases unos días con nosotros en un ambiente rural donde predomina la tranquilidad, la naturaleza,... |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
felos 2013 |
|
 O sábado, 9 de febreiro, por vez primeira este ano sairán ás rúas os Felos de Maceda. Haberá que madrugar para ver a partida das máscaras típicas do concello, dende a Praza das Toldas ás 09.30 horas. Tras percorrer os pobos da comarca está previsto que retornen ate Maceda sobre as 20,30 horas. A súa chegada serán agasallados con música de charangas. O percorrido dos felos levaráos a visitar: Tioira, Sarreaus, Carguizoi, Vilardecás e a Barxela.
O Felo de Maceda ensamblase -aínda que con elementos externos diferenciados- coa indumentaria convencional dos Peliqueiros de Laza e os Cigarróns de Verín. Calcetíns de lá brancos, medias negras, ringleiras de borlas de distintas cores, colcha con freques claros arredor do van, rabo de zorro no alto da mitra, colares varios e caiado como arma intimidatoria, conforman as súas particularidades iconográficas; máis primitivas e masculinizadas na parte inferior cás do tronco común. O canónico aconsella pintar na mitra animais ou aves rapaces da Serra de San Mamede e non fauna nin motivos alleos. Denantes da II República saían os Felos illadamente ó comezo do ano dende as aldeas do val e da Serra. Logo instauraron o Domingo Fareleiro (enfouzaban con farelos ós viandantes), o Domingo Corredoiro (tinguían á xente cunha bola de ferruxe dos potes e tinta dunha barreira) e o Sábado, Domingo e Martes de Entroido. Dezasete días de transmutación.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|