O ghaiteiro de Lapamán
<language>ga</language> 
Camiño a Asturies
   <description><![CDATA[Este sábado marcho con Guillerme, Tania, Rita e Pombo cara a Asturies, ao Conceyu de Santu Adrianu, ao V Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.
O encontro de novembro nos Ancares deu para moito. Esta é a primeira ves que me arrimo á xuntanza do outro lado do Eo.
Promete. Tamén vai Meche, Xandre e a xente do Tear (estrea mundial dAs súas pandeireteirAs...). Algo contaremos. 
Espero que o meu caprichoso tendón de Aquiles non se enfade polo machaque que lle penso dar, XD. ]]></description>
Peludos
   <description><![CDATA[No cumple de Breixo, o 24 de febreiro. 
Viciado con Harry
   <description><![CDATA[Xa chegaron hai un tempo. 
Bastante despois do previsto por Fnac e tras unha chamada ao servizo de atención ao cliente, pero en bo estado, en xeral.
Xa vou polo cuarto...]]></description>
Botóns
Lancha baixo a ponte
   <description><![CDATA[Un deses días nos que semella que a estrada está a penas sen coches, nos que hai sitio para aparcar máis preto do amarre, nos que o sol vai acariñando o camiño á lancha.
O mar coma un prato. Non embarcaron as cotorras cincuentonas que berrean os seus marmurios matutinos cotiáns.
Dá gusto ir no barco días coma este.
Mágoa que haxa que traballar...]]></description>
Destinia: buscador de hoteis
   <description><![CDATA[Déronme a oportunidade de facer una análise esponsorizada dunha web (vamos, que me van apuntar uns euriños por comentar que me parece, XDD). Trátase do buscador de hoteles de Destinia.
O portal gustoume bastante. Ten una estética agradable, cun ton predominantemente laranxa suave, con bastante aire. Ademais, o sistema de funcionamento é moi claro: hai que escoller o lugar ao que queres ir e a ferramenta preocúpase por adecuarse ás túas peticións (se ten piscina, se media pensión, se ao lado dunha praia…).  A través da web podes facer xa a reserva. Importante: ordena os resultados poñendo de primeiros os resultados máis baratos; outro punto ao seu favor.
Ah, ademais cada hotel leva ao lado una cualificación froito da valoración dos usuarios, detalle que sempre serve de referencia fiable. Mágoa que non teñan comentarios escritos por eses usuarios. Xa sería fenomenal.
Problemas? Pois que eu, en plan friki, busquei hoteles en Bueu e mandoume de primeira opción a Valga. É dicir, que nas zonas menos coñecidas supoño que a súa forza comercial é menor e non o teñen demasiado cuberto. Ademais, algunas procuras van un pouco lentas. A moza que aparece paseando co carteliño de “Estamos buscando tu hotel” non está nada mal, pero á quinta pasada, xa aburre.
Pero está claro que noutras zonas os resultados son moito máis potentes e fiables. Por exemplo, buscando Hoteles en Nerja, aparecen seis hoteis na propia localidade e outros cinco nos arredores (está ben que non agobie con 150 resultados…). Sorprendeume ademais que as primeiras opción non fosen demasiado caras, tendo en conta que é una vila destas superturísticas chea de ingleses e alemáns, jeje.
Deume por preguntarle por Nerja pola coña de Verano Azul, pero case quedei mesmo tentado a ir. Porque, buscando, atopei información sobre a cova de Nerja (a catedral natural da Costa do Sol) e ao tempo, por aquí, seguía chovendo, snif. Non me importaría perderme uns diíñas de volta por Málaga…]]></description>
Cun oco
   <description><![CDATA[Non dou retomado a frecuencia, unha cadencia de actualización.
Non por falta de ganas, nin de temas. Máis ben por ausencia de tempo. E cando teño un oco, non me cadra coas fotos a man.
Estiven os últimos días a mil por unha subvención (cousas do traballo, nada retrousiano; que tamén, pero menos). 
E entrementres uns días de solazo que me fixeron lembrar o agradable que é volver en barco cando vai calor. E decatarme de que esta semana cúmprese xa un ano que marchei de Compostela.
Como voa o tempo.
PD: Antes poño o dito de Non comas raia, antes miña nai fai unha caldeirada. Non puiden evitalo, a miña vertente científica obrigoume a facelo... bebín aghua.
Se non escribo máis, xa sabedes por qué foi, XDD.]]></description>
Piratas somalís?
   <description><![CDATA[Que é Somalia? 
Viva a Wikipedia.
E que todo saia ben.]]></description>
Non comas raia
"Por mui ben que che vaia,
non comas raia"
É un dito popular pola miña terra. Descoñecíao por completo, e saíu a relucir mentres preguntaba (froito dunha conversa no traballo) o que se bebía antes, como acompañamento do polbo.
Seica en Ourense está moi interiorizado que beber auga co polbo senta mal (debe ser que aboia, ou que revive, XD). Ao parecer, por Cela non se andaban con miramentos e bebíase viño, pero igual que se bebía viño co resto das comidas: cando o había e ben pouquiño, que era pouco. Nenos incluídos.
Nada de porque co polbo pasase nada especial...
Seica un manxar con peor sona que o polbo era a raia (igual que "vaia", completamente hiatizado: ra-i-a). Miña avoa lembraba o dito tal como o escribín enriba. A nai de Lorena, engadía: 
"... e se a comes, non bebas aghua".
Terra de Tinta Femia...]]></description>
Ler inspira os rapaces
Está in English, pero o espírito cóllese ben a través da entoación, das miradas, da música...
Clase aburrida, ao neno píllanlle unha carta, a teacher lea e decátase de que non é o típico la xunga prof ta tocando los guevs, senón unha reflexión fermosa.
Un anuncio para que desexemos aínda máis que os rapaces (e o resto) lean máis.]]></description>