O ghaiteiro de Lapamán


Retallos dun amago de ghaiteiro, proxecto de beillador cun aquel de pandeireteiro do lugar de Lapamán, en Cela, no Morrazo.

Baixo a monteira...
 ONDE LEVA A MAREA
 TONALIDADES
 MELODÍAS GRÁFICAS
 ÚLTIMAS MAREAS
 PEZAS SENLLEIRAS
 AREA MOLLADA

Quempallou segue polo aire
quempallou aturuxoPorque o seu nivel musical e festeiro está polas nubes e non ten pinta de que vaia baixar. O mércores 16 tiveron o segundo concerto de presentación do seu terceiro traballo discográfico: Polo aire. Ou iso din, que eu o disco aínda non o vin (as copias están a piques de chegar, seica).

Non foi moita xente, cousa que me sorprendeu. Ás veces un non sabe o que facer para que o público asista a un acto. En calquera caso, peor para eles. Eu, pola miña banda, fíxenme acompañar marabillosamente polos ghaiteiros retrouseiros e outra xente de ben.

O concerto empezou tarde, pero iso case foi o de menos. Paseino moi ben. Quempallou soubo distribuír as pezas para manter a tensión do público (a súa meirande parte, en pé), xogando con momentos rápidos e lentos, con cancións do disco novo e con algún dos seus greatest hits. Saben tratar o público, romper o xeo co humor.

Musicalmente, o disco mantén claramente (a falta de analizalo a fondo...) a liña do anterior: música festeira, con algunha que outra peza reivindicativa e, en todo caso, boas letras, que é algo do que vén adoecendo desde hai anos a música folk galega. Saben contar historias e contalas ben. Defenden o galego, a cultura propia, ou falan de viño ou do amor; pero cóntano dun xeito narrativo e áxil. Ademais, manteñen unha estética moi coral, na que os instrumentos van buscando (e logrando) o seu punto de protagonismo.

É difícil dicir o que toca cada un. Excepto Roi Maceda, que non saca o acordeón do peito, o resto penso que variaron todos nalgún momento: gaita por clarinete; guitarra por mandolina, tamboril por batería, bombo por pandeireta; e Guillerme Ignacio: voz, gaita, frautas...



O Guillerme avanzou moito na expresión corporal. Xesticula moito e fala cos brazos, coa cara... É unha posta en escena para grandes concertos, que se agradecerá sobre todo cando se vexa na distancia do Intercéltico, por exemplo.

Algunha crítica? Pois, se cadra, que o leitmotiv radiofónico queda algo esmorecido no directo, máis alá do ruído de dial do comezo. Pero non é unha cousa sinxela nin estou certo de que teña ningunha relevancia. É por criticar algho...

Por último, unha lástima que non botasen a canción gravada xunto cos Dios ke te Crew. Semella que vai quedar como aquela fermosísima de Estremonías en galego e asturianu: exclusiva do disco. Puxérona ao rematar o concerto e está moi moi moi ben.

Noraboa!
Quempallou
Dios ke te Crew
Marmurios (4) - Tonalidade: Musical - Feito soar o 18-05-2007 23:48
# Atraca para sempre nesta melodía
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
4 Marmurios
1 Aquí escribe un que segue aos Quempallou sempre qu#blgtk08#e pode. Xa devezo por oír o novo disco en directo!
Marmurou turonio (19-05-2007 12:35)
2 Eu quería ter ido #blgtk08#ó concerto... :'(
Marmurou castinheiras (19-05-2007 22:47)
3 Espero facerme con unha desas copias xa que non teño muitas opor#blgtk08#tunidades de miralos en directo de momento.

Bicos
Marmurou Su (20-05-2007 19:37)
4 eu tamen son un seguidor de quempallou,e penso que cada dia me gustan mais, pois a musica deles non deixa de soar no meu coche. E por cert#blgtk08#o os conciertos deles son apoteosicos. ESTE SABADO DIA 26 ESTA QUEMPALLOU DE NOVO EN ORAZO NA ESTRADA AS 11 DA NOITE.Noraboa e seguir asi.
Marmurou Bieito (21-05-2007 18:05)
Marmura
Marmurador:
Correo electrónico: (Non aparecerá)
A túa páxina: (Non esquezas o http://)
Marmurio:
 
Ligazóns desde outras webs
© by Abertal
Locations of visitors to this page<br />
<br />
or=null; this.src='http://clustrmaps.com/images/clustrmaps-back-soon.jpg'; document.getElementById('clustrMapsLink').href='http://clustrmaps.com'


Add to Technorati Favorites






free web counter

"Loreniña por morena
ténoch'o ollo botado,
ti has de ser miña morena
ou non hei de ser amado"





barcelona flatscontabilidaddespedida de soltera madridenergias renovables
Maletasmamparas de baño y duchaopticaregalostarottarot visa