O ghaiteiro de Lapamán


Retallos dun amago de ghaiteiro, proxecto de beillador cun aquel de pandeireteiro do lugar de Lapamán, en Cela, no Morrazo.

Baixo a monteira...
 ONDE LEVA A MAREA
 TONALIDADES
 MELODÍAS GRÁFICAS
 ÚLTIMAS MAREAS
 PEZAS SENLLEIRAS
 AREA MOLLADA

Fuxindo da Blogoteca: novo O Ghaiteiro de Lapamán
Levaba meses e meses querendo deixar atrás a miña fase Blogoteca. Pero non o daba feito. Por unha parte o sentimentalismo de ter sido o meu primeiro blog medio en serio, pola outra o cabreo de que non exista un sistema de exportación dos contidos desde a Blogoteca a outros sistemas e, sobre todo, a falta de tempo, fórono atrasando.

Pero aquí estou. O ghaiteiro de Lapamán inicia unha longa mudanza cara a Blogger.

Por que?

* Porque canto máis vou sabendo, máis encorsetado e atado me sinto na Blogoteca.
* Porque non permite máis dunha foto, salvo que un se meta en trucos.
* Porque non é nada Google friendly.
* Porque non é compatible con case ningunha das novas ferramentas que van saíndo: Twitter, Facebook, case calquera html que queiras meter a maiores...
* Porque a Blogoteca quedou estancada e en Internet estancarse é morrer.

Así que, 'mighos, ide cambiando esas ligazóns!

+ info: O ghaiteiro de Lapamán
Marmurios (1) - Tonalidade: Noticias - Feito soar o 07-04-2009 22:00
# Atraca para sempre nesta melodía
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Como poñer nervioso ao que senta ao lado no avión
Se queres amolar a alguén que está sentado cabo de ti nun avión, segue estes pasos:

1. Tranquilamente, abre a mochila do portátil.

2. Colle o portátil.

3. Préndeo.

4. Asegúrate de que o teu acompañante pode ver a pantalla.

5. Pecha os ollos, dirixe a túa cabeza cara ao ceo e move os beizos coma se estiveses rezando.

6. Clica aquí.





Vía: By George


Marmurios (5) - Tonalidade: De a cotío - Feito soar o 07-03-2009 19:45
# Atraca para sempre nesta melodía
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Eliza Marx, en Barcelona
eliza marx barcelonaA nosa amiga Eliza Marx anda a darlle caña ás súas pinturas por Barcelona. Alegroume ver que abriu unha exposición por terras catalás.

No cartel destaca o seu blog. Visiteino e teno cheíño desas mulleres marabillosas que imaxina e plasma de xeito tan delicioso.

Moita sorte!!
Marmurios (0) - Tonalidade: De a cotío - Feito soar o 22-02-2009 23:22
# Atraca para sempre nesta melodía
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Enamorados anónimos
Ese era o título do musical que fomos ver, en plena zona de teatros da Gran Vía, no Teatro Rialto Myspace.

Encantoume, marabilloume. Quedo sen palabras. E iso que xa pasaron dous días.

Case tres horas, en dúas partes. E non se fai longa.

Un centro de desintoxicación ao que acoden os namorados para romper con esa enfermidade.

Todos andaluces. Baseado na copla española, todas cancións que, dalgunha orquestra ou doutra, soaban. E, aínda así, marabilloume. Tamén había algunha peza de Sabina.

Estabamos no segundo anfiteatro, arriba de todo (10 míseros euros pagamos, case me sentía culpable de gozar tanto pagando tan pouco...). desde aí arriba víase moito do esquelete da montaxe.

Qué traballo técnico de fondo: seis saídas laterais e outras seis laterais en altura. Outros dous espazos no fondo desde o que actuaban. Unha plataforma central que se soterraba. Tamén entraba material desde o fondo. Baixaban atrezzo desde o teito. Mesmo unha actriz baixou en columpio desde arriba.

Un traballo excelso de videomontaxes e de iluminación. Os bailaríns, pois correctos. Nalgún caso con algún erro, pero é que eran moitas pezas de Dios. Pero momentos xeniais para non esquecer, como o acompñamento disfrazados de corazóns.

Os actores cantaban moi ben sobre todo a prota, a psicóloga; o coprota, o polígamo; e a lesbiana. Unha das actrices era a filla de Antonio Flores. ten un timbre de voz, un estilo, moi persoal. Grave, roto, pero chega con confianza tamén aos agudos.

Encantoume. Chorei. Polas historias pero, sobre todo, polo pracer de estar vendo algo tan currado, tan completo, tan fermoso.

Quedei coa sensación de que, algo así non sería repetible noutro teatro, por moito que agora empecen unha xira. Levaban catro meses no mesmo escenario. Toda esa montaxe é imposible efectuala, te pongas como te pongas, en Vigo ou na Coruña. De feito, estou seguro de que terán que rebaixar as expectativas escénicas moitísimo, moitísimo para poder movela.

Cómo me alegro de ter asistido.

E dito isto, vou durmir, que mañá toca madrugar e cruzar a Península, :(.
Marmurios (4) - Tonalidade: De a cotío - Feito soar o 03-02-2009 00:43
# Atraca para sempre nesta melodía
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Por Madrid
Tiña que poñerme agora, aínda que estou bastante baldado, porque sei que se non o conto hoxe, xa non o vou contar...

Pasei de mércores a domingo por Madrid. Tres días de traballo arreo e dous de lecer.

O venres á noite chegou Lore e xuntámonos en Alcobendas: Ire, Dami, Sil, Ali, Lore e mais eu.

O sábado andamos de turistas. Bus á praza de Castilla (intercambiador subterráneo), e metro para ir no teleférico que une o centro coa Casa de Campo, por riba do Manzanares. Si, hai un teleférico. Xa debe ser algo vellouco, porque non é moi coñecido.

Estivemos de paseo pola Casa de Campo (si, miramos un par de profesionais do sexo). Tamén estivemos a piques de caír no timo do parque de atraccións, de ver o zoo, de pisar unha supercacola...

Comemos nun restaurante sirio (un kebab, vamos), pasamos polo Templo de Debod, o Palacio Real (Diosss, este arquitecto... Sabatini, estaba por todas partes. Entre el e Carlos III montaron Madrid).

Tamén entramos na catedral da Almudena. Horrible por fóra. Por dentro, a pedra non sorprende, pero ten unha cousa preciosa. Os teitos están pintados de cores mooooi vivas, moi moderno, moi fermoso.

Poría fotos, pero para iso si que non me dá a moral. Se cadra outro día.

Despois beberon unhas Duff e tiramos cara a Porta do Sol (quilómetro 0, o oso e o madroño -comprobado, non tiña micros-). vamos, de guiris total.

Á noite fomos, finalmente, ver un musical: Enamorados anónimos. Iso merece caso aparte.

O domingo nevou, sobre todo en Alcobendas. deu para pelexar coa neve, sacar fotos chulas, conxelar as mans, case perder o móbil...

Baixamos a Madrid a comer en La Latina, de tapeo, e ir ver a Cibeles, a porta de Alcalá (miralá), e o paseo do Prado, baixo a chuvia.

Eu, volvín esa noite, sen ningún contratempo.

Mañá marcho a Barcelona, pero desta vez... só a traballar.
Marmurios (1) - Tonalidade: De a cotío - Feito soar o 03-02-2009 00:27
# Atraca para sempre nesta melodía
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ciervo volador
Como o ledes, moz@s.

Á vacaloura,
de Ponferrada para o Leste,
dinlle Ciervo volador.

Nunca te acostarás...
Marmurios (5) - Tonalidade: Léxica - Feito soar o 19-01-2009 23:14
# Atraca para sempre nesta melodía
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Premio de Xornalismo Johán Carballeira
Este sábado entréganse en Bueu o VI Premio de Xornalismo Johán Carballeira e a duodécima edición do de poesía.

Este ano convidáronme a participar como membro do xurado no de Xornalismo e aceptei. Foi unha experiencia nova e interesante. Tocoume avaliar o traballo xornalístico doutros. Foi agradable, sobre todo, a tarde de conversas e análises cos outros membros do xurado, o profesor Manuel Mosteiro e o xornalista da Radio Galega Anxo Quintela.

Iso si, saímos coa sensación de que o nivel non andaba moi alá, nin en cantidade nin en calidade. Seica os xornalistas non se animan a participar, ora porque lles dá vertixe, ora porque fan pouca produción de calidade en galego.

Gustaríame pensar que non se caeu en pensar nos estereotipos de que gañan sempre profesionais dos mesmos soportes (A Nosa Terra, Vieiros...) ou dos mesmos temas (Guerra Civil, historia...).

E mesmo nos picou un pouco o feito de que, vaia por Deus, fose gañar Fernando Arrizado, xornalista de Vieiros, coa obra Réquiem polo Foucellas (un guerrilleiro, tras a Guerra Civil).

Non faltaban ganas de rachar cos posibles estereotipos, pero en verdade que era o mellor: completo, con escrita atraínte, rica e ben estruturada, con novidades constantes para o lector.

Noraboa ao gañador
, que leva 1.500€, e, aos posibles candidatos, ogallá que perdan esa vergoña, pois prodúcese moito máis xornalismo de calidade do que se deixou ver nesta edición.

Non vaian pecar os informadores de ter falta de información...

Ao final gañou, con merecemento
Marmurios (1) - Tonalidade: Noticias - Feito soar o 09-01-2009 20:37
# Atraca para sempre nesta melodía
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
La Voz, Xornal e as concesións eólicas
la voz, xornal de galicia, concesions eolicas, xornalismo
A verdade é que o asunto das concesións de parques eólicos tiña o seu morbo. Falo desde o punto de vista do xornalismo, polo menos. Un xornal acabado de nacer do que se murmura polo baixo que se crea baixo o paraugas do BNG, a cambio dunha parte sustancial do pastel enerxético. E, a partir de aí, o interese quedaba en ver cómo reaccionaba La Voz de Galicia e como trataba o asunto eólico.

¿Deixaríase levar polos nervios e a envexa? ¿E o novo xornal?

Ao final, deu (e segue dando) para guión de cine. A Xunta atrasa por problemas informáticos e por dúas veces o anuncio dos gañadores. Entrementres, os dous funcionarios que representan curiosamente dúas consellarías do PSOE abandonan con toda a pompa a comisión acusando de que non reciben toda a información que solicitan e que non teñen tempo a analizala.

Finalmente, sae o resultado con moreas de sorpresas. Unha delas, que o Grupo San José (dono de Xornal de Galicia) non leva tanto pastel como se sospeitaba, pero, aínda así... levar, leva.

Nos medios... a verdade, daba un pouco de vergoña. La Voz non disimulou a sua acritude ao procedemento, poñendo en dúbida cada vez que puido a súa legalidade e escribindo sen pudor frases como "Grupo San José, que acaba de sacar un periódico afín a Anxo Quintana".

A imaxe é do mesmo día, o 23 de decembro, de antes de saber o resultado. Mentres La Voz insiste na súa teoría de posible ilegalidade, Xornal demostra a súa total falta de independencia ao abrir na súa edición online coa noticia "La empresa San José genera la mayor operación inmobiliaria de Europa".

E, por certo, San José está renegociando con varias entidades bancarias as súas débedas. Como para andar sacando diarios...

Qué país...
Marmurios (0) - Tonalidade: Noticias - Feito soar o 31-12-2008 18:37
# Atraca para sempre nesta melodía
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pardeconde


Escoiteino varias veces no Aberto por reformas de Xurxo Souto e sempre me puxo os pelos de punta. Un fillo de emigrantes en Suíza, rapeiro de sona en alemán e francés, adica un rap á súa aldea ourensá, Pardeconde.

O vídeo é dun especial da TVG. A peza comeza no minuto 2.30, pero a entrevista tamén está ben.

O autor: Granpurismo.
Marmurios (2) - Tonalidade: De a cotío - Feito soar o 29-12-2008 14:38
# Atraca para sempre nesta melodía
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pradolongo: o Blu-ray de Valdeorras


Encántame o galego que falan nese filme. Lémbrame a un compañeiro de piso que tiven en Compostela, que era de Viana do Bolo e falaba tal que así. Daquela eu pensaba que algúns dos xiros tiñan que ver co carácter (e tería) pero ao ver este tráiler comprobo que non, que todo está no sotaque da zona.

Avisáronme da produtora de Pradolongo de que sacaron o proxecto en DVD e en Blu-ray. A primeira fita galega en Blu-ray, a alta definición de vídeo.

A verdade é que ten valor o que están a conseguir con este filme. Sobre todo, rachar cun gran mito: gravada en galego, cando moitos cineastas da terra levan tempo rendidos á "necesidade do mercado" de facelo en castelán.

Ademais, difundírona con moito mimo: case concello a concello, presentándoa, aproveitando o seu principal valor: a proximidade á xente.

Agora rompen outra barreira e semella que van facer o mesmo, un pequeno percorrido por Galicia presentando Pradolongo como o mellor regalo para o Nadal. E se cadra éo. En Ourense, cando menos. E para a xente maior, probablemente.

Pradolongo é dos filmes que emociona. ¿Non credes?
Marmurios (3) - Tonalidade: Noticias - Feito soar o 23-12-2008 17:26
# Atraca para sempre nesta melodía
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Locations of visitors to this page<br />
<br />
or=null; this.src='http://clustrmaps.com/images/clustrmaps-back-soon.jpg'; document.getElementById('clustrMapsLink').href='http://clustrmaps.com'


Add to Technorati Favorites






free web counter

"Loreniña por morena
ténoch'o ollo botado,
ti has de ser miña morena
ou non hei de ser amado"





barcelona flatscontabilidaddespedida de soltera madridenergias renovables
Maletasmamparas de baño y duchaopticaregalostarottarot visa