Xa está de volta o Encontro de pandeireta galega e asturiana, e xa van seis. O ano pasado por novembro foi nos Ancares. En maio deste ano, en Asturies. Xa tocaba a volta en Galicia.
Desta vez será o sábado 29 de novembro no albergue de Sabucedo (A Estrada). O plan é:
Para inscribirse hai que enviar datos persoais (nome e apelidos, teléfono, e-mail de contacto) e xeito de pagamento elixido (en conta ou en man o propio día) antes do día 21 de novembro ao enderezo electrónico: xuntanza_transeu@hotmail.com
Os prezos son:
- 25€: por cea, concertos e foliada. - 40€: se ao anterior se engade a durmida e o almorzo no albergue.
O ingreso pódese facer na conta 2091 0530 38 3000031846 (Caixa Galicia). Habería que especificar “Encontro” ou “Alcuentru” e mailo nome do/a pagador/a e non esquecer levar o resgardo de pagamento o propio día do Encontro.
Se vos apetece ir, reservade canto antes, que o espazo é limitado e as prazas voan...
Faltan algúns. Estabamos a mirar o concerto de Budiño, o 16 de agosto en Aldán no Hío.
Budiño moi en plan estrela. Con Davide e Chisco cantando e beillando. Espectáculo potente, pero sentimentos enfrontados.
Editado o 4/11/08: está claro que cando fixen este post andaba empanado total. Por suposto, Vilariño está no Hío, non en Aldán. Estaba escuro, a noite confundíame...
Este mércores 1 de outubro arrincou o curso 2008/2009 nas Escolas Retrouso, da Asociación Cultural Retrouso.
A ambiciosa estrutura de profesorado do ano pasado mantense: con Cristóbal Prieto como responsable do eido da gaita; Alberto Costas, da percusión, Guillerme Ignacio, do canto tradicional e a pandeireta; Teresa Pedrouso, do acordeón; e Margarita Pérez, do corpo de bailadores.
Como novidades, este ano emprendemos a creación dunha aula específica para adultos que queiran aprender canto e pandeireta (os mercores á tarde) e un horario específico para os nenos interesados na percusión: os sábados á mañá.
Estes son os horarios*:
LUNS
Baile: iniciación nenos en Ardán, de 16.30h a 18h, con Noelia Fariña
Coro: de 21h a 22.30h, con Carme Pereira
MARTES
Baile: iniciación nenos en Beluso, de 16.30h a 18h, con Noelia Fariña
Acordeón: nenos pequenos, de 16h a 17h, con Teresa Pedrouso
Solfa: de 17h a 18h, con Teresa Pedrouso
Acordeón: nenos, de 18h a 19h, con Teresa Pedrouso
Acordeón: adultos, de 19h a 20h, con Teresa Pedrouso
MÉRCORES
Baile: iniciación nenos en Cela, de 16.30h a 18h, con Noelia Fariña
Acordéon: adultos, de 17h a 18h, con Teresa Pedrouso
Canto e pandeireta: iniciación adultos, de 19.30h a 21h, con Tania García Ruibal
Canto e pandeireta: perfeccionamento I, de 19.30h a 21h, con Guillerme Ignacio
Canto e pandeireta: perfeccionamento II, de 21h a 22.30h, con Guillerme Ignacio
XOVES
Baile: perfeccionamento I, de 17h a 18.30h, con Débora Pena
Percusión: adultos, de 20.30h a 22h, con Alberto Costas
VENRES
Baile: perfeccionamento I, de 17h a 19h, con Débora Pena
Baile: perfeccionamento II, de 19h a 20.30h, con Débora Pena
Baile: iniciación adultos, de 20.30h a 22h, con Débora Pena
SÁBADO
Baile: perfeccionamento II, de 10h a 12h, con Margarita Pérez
Gaita: iniciación, de 11h a 12.30h, con Cristóbal Prieto
Gaita: perfeccionamento, de 12h a 14h, con Cristóbal Prieto
Percusión: iniciación nenos, de 12h a 13.30h, con Benito Salgado
Canto e pandeireta: iniciación nenos, de 16h a 17.30h, con Rubén Bastón
*: Todas as actividades son en Cela, salvo aquelas nas que se especifica Ardán ou Beluso.
Os horarios aínda poden sufrir modificacións, pero en todo caso serán lixeiras.
De nacemento, cos apelidos da nai solteira: José Loira Bernárdez.
Tras a voda do seu pai coa súa nai: José Juncal Loira.
Despois de que o marido da avoa de Pepe recoñecese como fillo o pai deste(algo incerto, motivado pola Guerra Civil, para evitar que o pai de Pepe tivese que ir á fronte; unha longa historia): José Meira Loira.
Naceu en Sabarigo
viveu en Lourido
e traballou no mar.
Aprendeu de memoria
os segredos máis fondos dos almeiros da ría,
chapurreou o frío alemán de Hamburgo
e gardou no peto do temor polo descoñecido
as peripecias socialistas de Willy Brandt.
Sementou ronseis transatlánticos
nun cruceiro israelí,
na súa pel ficaron forxadas a lume de carbón
as rutas épicas da caza da balea.
Pai de dous soles,
avó de tres estrelas.
Como home era un carballo,
como viticultor, un boi.
Algunha vez pensou na felicidade?
A morte venceuno por desgaste,
nun dous contra un elevado á idade.
Noces e tinta femia.
Botaba o seu sorriso máis pícaro
canto me preguntaba polas follas de afeitar. A Fanequeira simbolizou sempre
a responsabilidade do futuro que me confiaba.
Oxalá que algunha vez os nosos netos
tomen noces desa tomada
aínda que teña que mover un río para logralo,
e saiba eu así de certo que descansa en paz a parte que del ferve e ferverá sempre nas miñas veas.