Arredor de Lámbrica
O legado celta
É controvertido o tema do celtismo en Galicia. Aínda hoxe continúan agrias disputas a favor ou en contra. Eu penso que as evidencias culturais –na toponimia, nas tradicións, mesmo na arte- da presenza de elementos célticos na nosa prehistoria non significan que aqueles pobos prerromanos fosen exclusivamente celtas. O noroeste atlántico, onde se atopa a actual Galiza, non foi exactamente un estado celta, no sentido de pobo exclusivo e independente. Foi un lugar de encrucillada por onde circularon influenzas culturais diversas, entre as que se atopan as consideradas célticas, que funden as súas raíces no megalitismo e na primeira idade do Bronce.  Merecen especial importancia as relacións marítimas con outros territorios atlánticos, pero tamén con pobos mediterráneos, exercendo, creo, a maior atracción para aqueles primitivos visitantes a precura do estaño e do ouro do noroeste. O primeiro, o estaño, imprescindible para a fabricación de armas de bronce. O segundo, o ouro, un metal de prestixio, sempre de grande valor. Os romanos, perfectos coñecedores da riqueza mineralóxica da Gallaecia, non tiveron mellor idea que a da conquista. É a primeira aculturación pola forza que sofre a nosa terra, aínda que a imposición do idioma latino non rematará con moitas das verbas que antes aquí se falaron. A toponimia e a epigrafía aínda se encargan hoxe de transmitirnos algunos daqueles nomes. Un exemplo témolo no topónimo Lámbrica, ou Lámbriga, cunha coñecida terminación céltica en –briga, co significado de “cidade fortificada”.
Propoño un enlace a un interesante documental, aloxado en youtube, que fala da prehistoria dos pobos atlánticos, El legado celta. Unha síntese da prehistoria galega na que non faltan as relacións comerciais marítimas, o megalitismo, a confección dos petroglifos, os modos de vida, a procura do estaño por parte dos pobos mediterráneos, as relacións atlánticas... ata rematar coas fortificacións castrexas e a chegada dos romanos. Moi recomendable.
Ver vídeo El legado celta
O castro do Coto de Mosteiro, no concello do Carballiño, e a Cidade de Lámbrica, entre Punxín e San Amaro
O castro de Coto do Mosteiro ocupa a cima dun pequeno outeiro de 525 metros de altitude, ubicado na parroquia de Santa Uxía de Lobás, no concello do Carballiño (Ourense). A repoboación forestal encheu o monte de piñeiros (pinus pinaster) que estragaron, co seu crecemento rápido, moitos treitos de muralla e que dificultan a adecuada percepción do castro por parte dos visitantes que alí se achegan.
Totalmente abandonado, pese a pertencer a unha zona particularmente rica en castros, a Terra do Carballiño, con asentamentos tan importantes como os castros de San Facundo, no concello de Cea; Corneda, Orros e Souteliño no concello do Irixo; Cameixa e Moldes en Boborás, Lámbrica e o San Trocado en San Amaro...
O Coto de Mosteiro esmorece no esquecemento entre silvas, toxos e piñeiros. Tamén existen importantes vestixios de época medieval que corren a mesma sorte, como a igrexa e o mosteiro de San Pedro de Lobás. Xa vai sendo hora de que valoremos máis o patrimonio que herdamos.
No Coto do Mosteiro realizáronse escavacións en 1984, hai máis de vintecinco anos, un cuarto de século. Pese a que apareceron materiais singulares e a que está relativamente cerca dos importantes xacementos citados no parágrafo anterior, o castro é totalmente descoñecido para moitos dos habitantes da comarca. Os gobernantes, que podían facer moito por il, tamén o ignoran.
ORERO GRANDAL considera que o Coto do Mosteiro sería “un gran centro cunha gran actividade metalúrxica artesanal” adquirindo os minerais para os seus traballos polos montes da Madanela e polo concello do Irixo. A situación relativamente baixa con respecto á serra da Madanela (875 metros de altitude no Coto da Peniza) pode explicarse pola facilidade de acceso a zonas húmidas e máis chairas, con facilidade para a obtención de pastos e para a recolección agrícola.
Dos achados que se fixeron na campaña de 1984 podemos destacar os seguintes:
- Un puñal de ferro, posiblemente de antenas, aínda que estas últimas faltan.
- Un gancho de madeira carbonizada, “gancho da herba”, útil para atar monllos ou feixes de herba ou de outros vexetais.
- Diversas fíbulas de bronce anulares en forma de omega. Tamén hai fragmentos de fíbula das denominadas de tipo Golfo de Leâo.
- Unha curiosa estrela de bronce de oito brazos, con orificio central circular.
- Restos de agullas de bronce.
- Algunha conta circular de bronce, con orificio central
- Pedra con motivos insculpidos de círculos concéntricos, pero todos diferentes en cada unha das caras da peza. Considerouse como base para facer repuxados en láminas de metais.
- Fragmento de molde de pedra.
- Máis de 400 moldes de arxila, para ser utilizados con metais líquidos (moldes de fundición).
- Fusaiolas e discos cerámicos.
- Restos diversos de cerámica con decoración, destacando un pe dun prato de Terra Sigillata Sudgálica. Moitas decoracións son similares ás aparecidas en outros castros do Noroeste, particularmente os de Cameixa e San Cibrán das Las, o que pode suxerir intercambios entre eles
- Gran cantidade de muíños planos ou naviformes e de muíños circulares.
- Fichas de pasta vítrea.
Tamén apareceron fragmentos de tégula e un sextercio, o que suxire a ocupación do castro durante a romanización. ORERO GRANDAL suxire, como época final na ocupación do castro, da segunda metade do século I d. C. baseándose no fragmento de Terra Sigillata Sudgálica “do tipo 15/17”, que se datan nesta época. Os inicios da ocupación sitúaríanse dende o século IV antes de Cristo, pero eu opino que a ocupación destas terras ten que ser moito anterior. De feito, o propio ORERO GRANDAL fala da aparición nas escavacións dunha machada “de combate” característica da Idade do Bronce, con perforación circular de sección bicónica no seu centro.
A escasos catro ou cinco quilómetros de Mosteiro están os castros do concello do Irixo e os restos de explotación mineira na parroquia de Loureiro, neste mesmo concello, na ladeira noroeste dos montes da Madanela.
Nestas terras tamén temos manifestacións do desenvolvemento dunha ourivería especializada, pois non hai máis que recordar a arracada ou pendente de ouro do Irixo, conservada no Museo de Pontevedra. Atopada en 1905 nunha aldea do Irixo, está fabricada en ouro de 18 quilates. HERVELLA VÁZQUEZ di que este pendente debeu chegar ó Irixo “procedente dun lugar indeterminado e por unha vía-calzada romana que atravesaba o territorio”. E, digo eu, ¿Non podería ser fabricada nun taller como o de Mosteiro?
MADOZ viu en Larouce, a 3 quilómetros de Mosteiro, “grandes escavacións, que se coñece que foron practicadas para extraer algún mineral, e que están en comunicación con outras que hai moito maiores no Monte das Grobas, feligresía de Loureiro (…)” e RODRÍGUEZ COLMENERO opina que debeu de tratarse de explotacións auríferas, como as do Lago. No Lago, parroquia situada a medio camiño entre Mosteiro e Lámbrica, tamén existiu unha importante explotación mineira de ouro, onde tamén, cara o norte, existe un lugar denominado “As Grovas”, segundo RODRÍGUEZ COLMENTERO. Os minerais que aparecen nestas explotacións son o estaño e o ouro.
Parece claro que houbo, entre mediados e finais do I milenio a. de Cristo, unha intensa explotación dos minerais nas nosas terras que aumentará coa chegada dos romanos. Tamén parece claro que, cos datos que nos ofrece ORERO GRANDAL, no Mosteiro houbo algún tipo de taller que transformaba os minerais atopados nas serras. Faltanos saber onde ían a parar as extraccións e as producións locais.
Considero fácil supor que dende Mosteiro existiron rutas terrestres que conducirían a Lámbrica, cunha lonxitude de, aproximadamente, 14 quilómetros, o que permitiría viaxes de tres ou catro horas. Esta hipotética ruta entre Mosteiro e Lámbrica pasaría polas inmediacións do Puzo do Lago ou de Maside. Como anécdota, citar que non hai moitos anos, antes de haber vehículos a motor, os habitantes das aldeas inmediatas a Lámbrica (San Cibrao das Las, Eiras, Ourantes, Salamonde…) acudían a pé ás feiras do Carballiño transportando os animais obxecto de compra-venda. As viaxes a pé –tamén en cabalaría ou en carro- constituían o único medio de comunicación entre as aldeas.
Dende o castro de Coto do Mosteiro podemos ollar no horizonte as características siluetas do Monte do Santrocado e de A Cidade de San Cibrán das Las, Lámbrica. As maiores dimensións de Lámbrica e a súa superior disposición urbanística, cando é comparada con calquera dos outros castros da Terra do Carballiño, conduce a pensar na súa superioridade, ben fose política, militar ou económica, e pola súa privilexiada situación preto das ribeiras do Miño, o que constituiría unha excelente canle de comunicación para dar saída ás producións mineiras, pero tamén posiblemente agropecuarias e artesanais, que se extraían ou manufacturaban nestas terras. Mosteiro tivo que ser, por forza, un deses talleres que enviaría as súas producións a Lámbrica que, á súa vez, as redistribuía. Por iso Lámbrica (o castro de San Cibrán das Las e Ourantes) é o maior de todos os que temos nas Terras do Carballiño.
Bibliografía
ORERO GRANDAL, L.: Castro Coto do Mosteiro. Campañas 1984/85. Arqueoloxía/Memorias 10.Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia. A Coruña, 1988.
RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: Galicia Meridional Romana. Universidad de Deusto. Bilbao, 1977.
HERVELLA VÁZQUEZ, J.: Irixo, natureza, historia e arte nun municipio da Galicia interior. Concello de O Irixo. Ourense, 1999.
A Xunta, que multará a un veciño de Castrelo do Val se non entrega un petroglifo, non se interesa pola ara de Bandua de Eiras
Deixando a un lado o controvertido tema de se os bens atopados deben estar nas proximidades do achádego ou en museos da capital provincial, é obrigado suliñar neste blog -adicado ós arredores de Lámbrica- a teima do que isto escribe para que a ara de Bandua de Eiras (San Amaro, Ourense) fose custodiada nun lugar axeitado, con doado acceso para visitantes e investigadores, independentemente de que o museo fose capitalino, municipal ou veciñal, sempre que se cumpran as debidas garantías de conservación e acceso.
A ara de Bandua de Eiras non é tan antiga como o petroglifo da noticia do xornal que encabeza este artigo, pois só conta cuns dous mil anos, pero ten para nós moitísima importancia porque contén un topónimo, Lámbrica, que o tempo, a climatoloxía e o abandono seguen a desgastar para que nun futuro, non tan lonxano, o texto se convirta definitivamente en ilexible.
Non se coñece, pese as advertencias que se enviaron por escrito á Consellería hai xa algúns anos, ningún intento por parte da Xunta nin ningunha ameazadora proposta, ó estilo da de Castrelo do Val, ós propietarios do inmoble que alberga a ara para que poida garantirse adecuadamente a súa supervivencia.
A ara de Eiras figura, dende tempo inmemorial, nos xardíns dun pazo, á intemperie, a dous quilómetros escasos do castro de San Cibrán das Las. Moitos investigadores teñen por certo que o topónimo que contén a ara pode referirse ó devandito castro ou o territorio del dependente. Lástima que as lecturas que se realizaron non son coincidentes. Tense visto nela Lansbriga, Lanobriga, Alaniobriga... pero eu sigo pensando que alí se refire a LAMBRICA. Por iso eu lle chamo Lámbrica ó castro de San Cibrán das Las.
Ver fotografías da ara de Bandua en www.terraeantiqvae.com