Arredor de Lámbrica


Construcións en Lámbrica, castro de Las
Construcións no castro de Lámbrica
O castro de Lámbrica ou de San Cibrao das Las e Ourantes ten a característica de que conviven casas de planta circular con casas de planta ortogonal. Mesmo nestas últimas empréganse, ás veces, esquinas sen aristas.

Non podemos atribuír a ningunha delas unha antigüidade maior ou menor. Posiblemente se trate de recepción de influencias diversas.

O que si está moi claro é o interese urbanístico que se aprecia no trazado da cidade. A división en barrios, os corpos de garda con asentos, as rúas principais enlousadas e os sistemas de desaugue, mesmo por debaixo das casas, móstrannos o interese práctico que xa posuían, hai dous mil anos, os construtores dos castros. Moitas das cabanas atópanse agrupadas nas chamadas unidades de habitación, todas as dependencias que se supoñen necesarias para as ocupacións cotiás dunha familia ou grupo máis ou menos amplo.

Tamén podería aventurarse unha certa división social a partir do tamaño e da disposición dalgunhas das construcións.
Ver DESCRICIÓN DA CITANIA DE LÁMBRICA
Ver un atentado contra o patrimonio, o portalón barroco da reitoral das Las
Artigo publicado o 04-11-2009 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
O mapa dos petroglifos da Ermida e Lámbrica
Castro de Lámbrica (San Amaro - Punxín)
Dende as pedras orientadas de Lámbrica (castro das Lás e Ourantes), posiblemente anteriores ó asentamento castrexo, podemos ver tamén cara o solpor equinoccial o nacemento dun dos regatos do contorno, o que pasará polo lugar da Reguenga. Este nacemento do regato está a moi pouca distancia do castro e contén microtopónimos tan significativos como O Trulleiro (de trollo, lama), As Lagoas ou O Río. Sinálase coa frecha amarela o lugar aproximado.

A zona é máis ou menos visible dende o lugar de Lámbrica que mostra a fotografía, onde están as pedras orientadas ós equinoccios. Esta visibilidade sería mellor se non existise a muralla, polo que estas elaboracións astronómicas deben proceder de épocas anteriores ó mundo castrexo e á Idade do Ferro.

Aproximadamente aquí, nesa zona húmida, é onde podería situarse o punto C, representado polo petroglifo C da Ermida (Eiras), do que se falou nun artigo anterior, cando se superpuxo o esquema dos petroglifos a un mapa do contorno.

É dicir, que os petroglifos da Ermida poderían representar unha visión do territorio que é posible ver dende o alto do outeiro de Lámbrica, onde están as pedras orientadas da fotografía.
Así, o gravador da Ermida (Eiras) situaría na rocha unhas referencias que obtivo en Lámbrica, a dous quilómetros ó Nordeste da Ermida, onde centos de anos despois serán erguidos os muros do castro.

O petroglifo máis grande da Ermida (petroglifo A), que ten liñas radiais e máis círculos concéntricos que os seus compañeiros, representaría logo ó propio outeiro de Lámbrica, que nos no mapa do contorno aludido figura tamén cunha letra A. Na base deste artigo hai un vínculo a ise mapa do contorno.

A Ermida está situada, consecuentemente, ó suroeste de Lámbrica, coincidindo co solsticio de inverno. Aquí temos outra vez repetido o fenómeno da aliñación ó solsticio de inverno, xa vista no Abeiro do Raposo (Amoeiro) e nas rochas do cumio do cercano monte do Santrocado.























Ver o mapa do contorno coa superposición do esquema dos petroglifos
Ver os petroglifos de Eiras
Ver mámoa no castro de San Cibrao das Las
Artigo publicado o 03-11-2009 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e do monte do Santorcado: deuses, mouras, mámoas, petroglifos, castros, pedras, xentes...

 Imprescindibles
 Índice cronolóxico de artigos
 Pescudar nos artigos

© by Abertal