Arredor de Lámbrica


Lámbrica en el vaciado de yeso del ara de Eiras
Inscripción vaciado de yeso del ara de Eiras
A la derecha vemos una fotografía del negativo en yeso del ara de Eiras, perteneciente al Museo Arqueológico de Ourense, obtenida el 23 de diciembre de 2016 en una exposición en esa ciudad "Na procura do pasado. Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense".

La fotografía se ha volteado horizontalmente con un programa informático y se han modificado parámetros como el contraste, el color, el brillo y la saturación.

A la izquierda vemos la misma fotografía con los trazos perfilados con línea amarilla, para hacer más legible la inscripción.

Es bastante difícil de ver la B de LÁMBRICA al final de la segunda línea, posiblemente por manipulación del ara o del vaciado de yeso. Más fácil es distinguir la letra M.

Merece ser destacada la existencia de dos letras S, una en la cuarta línea (AEMILIVS) y otra en la última letra de la última línea (VS) que podrían servirnos para comparar con la "S" que ciertos autores quieren ver en la segunda línea, para que les sea posible leer *lansbriga.

En esa comparación podemos percibir que la "S" de la supuesta *lansbriga que divulga la Arqueología oficial resultaría con curvaturas más cerradas. Además, en esa segunda línea apenas quedaría sitio para la letra B y el trazo inferior de la "S" enlazaría increíblemente con la parte superior de la supuesta letra N. Además, la S cabalgaría anormalmente encima de la letra B.

Esa supuesta letra N es claramente una M, que estaría seguida por una B, erosionada y manipulada, no sabemos si intencionadamente. Obsérvense los indicios de modificación en la penúltima letra de la segunda línea, escandalosamente visibles cuando se aplica contraste a la imagen, a pesar de ser la fotografía de un negativo de yeso de la inscripción.

En conclusión, es imposible que diga *lansbriga si en lugar de NS hay una M clarísima. Subsitúyase y podrá leerse LÁMBRICA, o LÁMBRIGA, que podría significar "Cidade Forte da Chaira ou dos Chaos", ambos topónimos presentes en los alrededores del yacimiento. El primero, microtopónimo del monte inmediato, aproximadamente donde han construido el centro de interpretación; el segundo, un poco más alejado, entre las parroquias de Eiras y Vilar de Rei (Monte do Chao) y, hacia el Este, como topónimo tradicional de la comarca vecina de Os Chaos de Amoeiro.

Gracias a los organizadores de la exposición por ilustrarnos con esta sorpresa de las copias de yeso. Una vez más, solicitar a las administraciones culturales, autonómicas y locales, la recuperación, la accesibilidad y la garantía de protección del ara original.





INSCRIPCIÓN EN HISPANIA EPIGRAPHICA
Ver articulo El ara de Eiras, el vaciado de yeso y el robo de Cuevillas
BANDV ALAMB RICAEAE MILIVSRE BURRNVS
Artigo publicado o 31-12-2016 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
O desaparecido cruceiro da Carballa de Eiras
Portada do pazo de Eiras cara a 1960.

Só coñecín do cruceiro da Carballa de Eiras a pedra da súa base, que sostiña o fuste, e dous anacos deste último. A pedra da base era cúbica e tiña as aristas superiores en chafrán.

Os anacos de fuste aínda poden verse hoxe tirados ao pé da carballa, pero a base cúbica desapareceu haberá uns vinte anos, despois de estar depositada en dúas fincas privadas da parroquia. Dos escalóns que parecen verse na fotografía, que arrodearían a base cúbica, tampouco sabemos nada.

En canto ao cruceiro, algunhas persoas que o coñeceron din que tiña figuración, que non era de cruz simple, pero non sabemos máis datos. Podemos imaxinalo moi fermoso, se facemos caso do comentario de OZORES nos anos trinta, que se reproduce algúns parágrafos máis abaixo.

Esta fotografía é a única que atopei para facer constar que alí existiu tal cruceiro. Foi recollida do libro de MARÍA TERESA RIVERA RODRÍGUEZ, Los pazos orensanos, publicado a principios dos anos oitenta, na páxina 315. A fotografía ten que ser de finais dos anos sesenta ou principios dos setenta e constitúe xa un documento de elementos patrimoniais desaparecidos. Moitas persoas das novas xeracións nin xiquera sospeitan que alí houbo un cruceiro.

O redondel amarelo sinala os restos do cruceiro, que María Teresa Rivera aínda chegou a ver no chan e que nós podemos adiviñar, pese á mala calidade da imaxe. A mesma fotografía serve tamén para deixar constancia do San Antón de Padua, tamén de granito, que había enriba do portalón, e que roubaron haberá uns quince anos.

Os cruceiros delimitan ou sinalan espazos sagrados. No caso do cruceiro da Carballa temos un elemento sacro, anterior ao Cristianismo, que aínda se conserva -máis mal que ben- na finca do pazo, a ara de Bandua de Eiras, onde se mantén unha controvertida inscrición que parece aludir ao nome da cercana citania de Lámbrica.

A menos de cen metros tamén temos a igrexa parroquial. Algunhas das procesións relixiosas, concretamente a de San Bertolameu, que se celebra o 24 de agosto, dirixíanse cara este cruceiro. Segue a manterse esta costume, aínda moitos anos despois da desaparición do monumento, o que nos indica que a sacralidade está no propio lugar, non só nos cruceiros.

Sinalar a curiosidade do aliñamento do eixe axial da igrexa parroquial co lugar onde se atopa a ara de Bandua, no xardín do pazo.

OZORES et al. refírense ao cruceiro de Eiras coas seguintes palabras en 1932: "Da entrada al pazo una portalada almenada que se levanta en un ensanchamiento del camino, casi una plaza, a la que da sombra un roble varias veces secular, hermosísimo ejemplar que conservan y cuidan con verdadera veneración los dueños del pazo y los vecinos de Eiras. Un antiguo crucero, uno de esos cruceros gallegos, tan bellos y tan románticos, que tanto abundan en el país, sobre todo en las regiones y aledaños de la costa atlántica, centra la plaza."

Da carballa, dicir que se trata dun soberbio exemplar de máis de sete metros de perímetro que ardeu nos anos cincuenta por causa, parece ser, dunha trasnada de rapaces. Dise que querían queimar un niño de abesouros.

Nas décadas seguintes foi maltratada tanto por administracións (asfaltados) coma por veciños e temporais, renovando lateralmente con bastante vigor. Aínda se conserva algo dela, estando vivos os renovos posteriores ao incendio, pero as perspectivas non parecen serlle moi favorables. A caracocha da antiga árbore centenaria esmorece de ano en ano. É unha das árbores senlleiras de Galiza.


BIBLIOGRAFÍA

RIVERA RODRÍGUEZ, M. T.: Arquitectura del siglo XVIII en la provincia de Orense. Los pazos orensanos. Editorial Atlántico. Madrid, 1982.

OZORES PEDROSA, X. et al.: Los pazos gallegos. Cuaderno VII. Pazo de Eiras. Ed. PPKO. Vigo. 1932.


Árbores senlleiras de Galiza
Sobre el lugar de aparición del ara de Eiras
BANDV ALAMB RICAEAE MILIVSRE BURRNVS
Artigo publicado o 03-12-2016 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e Ourantes e do monte sacro do Santrocado: deuses, mámoas, petroglifos, castros, pedras, xentes...

 Artigos destacados
 Outros enlaces, blogues ou webs
 Procurar en Lámbrica

© by Abertal