💫 Arredor de Lámbrica


Cabaceiros
Cabaceiros

O cabaceiro é un elemento etnográfico sobranceiro de gran interese e beleza en perigo de extinción, parte esencial e icono identitario da nosa paisaxe agraria.

Pero, especialmente no concello do San Amaro, padecen agresións a cotío: asfaltados, ampliacións, reformas, abandonos... Os que teñen toda a caixa de madeira, máis abundantes nestas terras, son especialmente vulnerables. Desaparecen e non deixan pegada.

Cada familia tiña, cando menos, un. Era normal que estivesen agrupados en eiras, o lugar da aldea máis solleiro e aireado.

En vinte anos desapareceron no San Amaro eiras case completas. San Roque de Salamonde, Castro, Eiras, A Reguenga, Andrade, San Amaro (destruídos pra facer unha igrexa nova), Casar do Mato, Piroño... son exemplos de abandono e, mesmo de destrución intencionada.

Algúns dos que van nesta serie xa non existen. As fotografías son de 1995.











⏪ Imaxe anterior 📷 Galería Imaxe seguinte ⏩

Arredor da citania de Lámbrica, castro de San Cibrao das Las

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎
  💫 Galerías de imaxes 📷

©️ Felisindo González Iglesias. 2009-2020 💫
© by Abertal