Arredor de Lámbrica


A representación territorial nos petroglifos da Ermida
A representación territorial nos petroglifos da Ermida



Un territorio dependente da citania de Lámbrica (A), representada esta última na peneda da Ermida polo petroglifo máis grande. De Lámbrica dependen catro centros (posiblemente de culto), representados na rocha da Ermida polos correspondentes petroglifos B, C, D e E:

B, Piñeiro, onde está a igrexa de San Cibrao das Las. Hai un cruceiro cunha serpe no varal. Coincide coa posta de Sol no solsticio de verán, visto desde a citania de Lámbrica. Na Ermida, os petroglifos A e B tamén están en liña co solpor solsticial de verán.

C, un punto próximo á ladeira occidental da citania de Lámbrica. Correspóndese cunha zona húmida. Manexamos topónimos como As Lagoas ou O Trulleiro.

D, localizado na Ermida, Eiras. Aproximadamente ao suroeste da citania de Lámbrica. Peneda con petroglifos, mámoa, cruceiro e capela antiga, desaparecida, de San Cosme e San Damián. Posible centro de culto. Riquezas minerais: casiterita (estaño) e ouro.

E, Coto do Santorcato ou Santrocado. Castro, capela, cultos antigos e punto de vixía. Máxima altura da contorna.






Tanto nos petroglifos como na realidade (desde a citania de Lámbrica) prodúcense os eventos astronómicos de aliñamento do solpor solsticial de verán con A e B, ou a coincidencia co Norte da liña E-A.










Anterior ← Ir á galería de fotografías→ Seguinte

Entre San Cibrao das Las e Ourantes, a 'Cidade Forte da Chaira' foi a 'civitas´ dun amplo territorio aurífero, estannífero e férrico, que accedía ao Atlántico pola vía fluvial do río Miño

 Ligazóns de aquí e de alá... importantes
 Índice cronolóxico de entradas
 Procurar neste blogue

© by Abertal