Un territorio dependente da
citania de Lámbrica (
A), representada esta última na peneda da Ermida polo petroglifo máis grande. De Lámbrica
dependen catro centros (posiblemente de culto), representados na rocha da Ermida polos correspondentes petroglifos B, C, D e E:
B, Piñeiro, onde está a igrexa de San Cibrao das Las. Hai un cruceiro cunha
serpe no varal. Coincide coa posta de Sol no solsticio de verán, visto desde a citania de Lámbrica. Na Ermida, os petroglifos A e B tamén están en liña co solpor solsticial de verán.
C, un punto próximo á ladeira occidental da citania de Lámbrica. Correspóndese cunha zona húmida. Manexamos topónimos como
As Lagoas ou
O Trulleiro.
D, localizado na Ermida, Eiras. Aproximadamente ao suroeste da citania de Lámbrica. Peneda con petroglifos, mámoa, cruceiro e capela antiga, desaparecida, de San Cosme e San Damián. Posible centro de culto. Riquezas minerais: casiterita (estaño) e ouro.
E,
Coto do Santorcato ou Santrocado. Castro, capela, cultos antigos e punto de vixía. Máxima altura da contorna.