Partindo dunha base fotográfica obtida do
Google Earth quero ilustrar sobre o cambio de fisionomía da
entrada ao adro e á reitoral de San Cibrao das Las, en San Amaro (Ourense), tralas obras acometidas polo patriciado gobernante na
feligresía, moi ben relacionado cos poderes civil e relixioso.
Na composición falta disimular o "
acementado" e reconstruír a desaparecida escalinata semicircular do século XVIII que daba acceso ao adro, agora unha rampa, tamén de cemento.
Esta grande obra nunha contorna protexída fíxose, sen os permisos necesarios, en xaneiro de 2001. As pedras orixinais desapareceron... no aire.