É posible que as imaxes de San Xosé e de San Xoán Bautista de Eiras procedan dun autor e época anteriores ao retablo.
Ambas esculturas utilizan a técnica do
estofado na pintura e presentan un tratamento no canon e nos plegados distinto ao da escultura da patrona, que si pode atribuírse con claridade a Castro Canseco.
Un dos candidatos á autoría de San Xoán e San Xosé podería ser
Francisco de Moure, que morreu en Monforte de Lemos en 1636.
Traballara en Ourense e en Beade, onde deixou pezas de gran importancia. Destacar o San Mauro da catedral de Ourense, que se instalou nun retablo tamén de Castro Canseco, na capela do Santo Cristo.
A imaxe que se adxunta, para podela comparar co San Xosé de Eiras, procede da páxina web
arelarte.blospot.com.es