Manuel Iglesias
De pais descoñecidos... Traballou e casou en Xinzo con Celsa Barreiro López, unda das moitas fillas da Delfina e do Xenaro. Ao Xenaro quixérano
levar os falanxistas á ponte de Castrelo... "
Se me queredes matar, matádeme eiquí", díxolle aos que o foron buscar. Seica eran veciños...
Manuel Iglesias era asalariado nos túneles da liña férrea do Carballiño, entre Santa Cruz de Arrabaldo e a Ponte dos Frades. Ía traballar a pé dende Xinzo, cruzando o San Trocado e o Barbantiño.
Morreu en 1951 do
mal da vía. Os médicos dixeron que era
tuberculose...
Deixou unha nena de sete anos e a débeda da pasaxe pra embarcar pras Américas, a onde nunca chegaría... A súa viúva non recibiu nada máis.
Enterrado en
Santa Uxía de Eiras.
R.I.P.