Arredor de Lámbrica


Serpe no fuste do cruceiro de San Cibrao das Las
Serpe no fuste do cruceiro de San Cibrao das Las

Detalle do fuste do cruceiro de San Cibrao das Las. A fotografía foi feita en 1995.

As tradicións dos ofidios perviven na cultura cristiá representando ao pecado, pero faise dificil entender unha serpe pecaminosa no fuste dun cruceiro. Por iso penso que é unha pervivencia de tradicións milenarias, que nos levan, a través das lendas das trabes de ouro e de alquitrán que gardaba unha serpe na citania de Lámbrica, a tempos moi remotos.

No Castro Martiño en Xinzo (Eiras) hai unha serpe nunha mina que chega ata a Cidade do Santrocado, a un quilómetro de distancia.

Outra lenda fala dunha moura encantada convertida en serpe, que ten unha flor na boca, na citania de Lámbrica.





Na contorna do cruceiro de San Cibrao das Las, a carón da entrada ao adro, estaba o muro que cerraba o patio da casa reitoral, á que se accedía por un portalón barroco que esnaquizaron e fixeron desaparecer, portalón e muro, en dous días. Nunca máis se soupo, máis que unha reconstrución de mentira. As pedras orixinais... fóronse no camión dun empresario.


⏪ Imaxe anterior 📷 Galería Imaxe seguinte ⏩


  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0