Descuberto nas escavacións de X. Lorenzo Fernández en 1948. Formaba parte do sollado dunha construción.
Outras pezas de interese son a cabeza humana de 15 centímetros (nun bloque de granito atopado nas escavacións do ano 1982) e unha "
roseta de 6 pétalos circundados por unha moldura lisa", atopada por López Cuevillas en 1922.
Tamén sabemos da aparición en outubro de 2016 dunha peza de granito que ten labrado un trisquel de follas dobles, que poderíamos definir como exasquel.
Nas mesmas escavacións de 2016 atoparon
un trisquel pintado.