|
|
|
Casa patio en Lámbrica |
|

A liña vermella que debuxamos separa unha unidade de habitación, composta por varias estancias, ao xeito dunha casa moderna. Algunhas habitacións -que moita xente confunde con cabanas independentes- son circulares, posiblemente como recordo das antigas construcións feitas totalmente con elementos vexetais.
Outras estancias son ortogonais ou cadradas, tendendo a formar ángulos nas esquinas. Non é certo que ningunha tipoloxía das dúas (planta cadrada ou circular) sexa máis antiga cas outras.
Seguramente obedecen a tradicións culturais da época, diferenciándose o uso dado á estancia segundo a súa planta. Así, é máis habitual que as cabanas que teñen fogar sexan circulares, aínda que isto non se respecta sempre.
Obsérvese como a "casa-patio" ten unha soa entrada dende o exterior.
|
|
|
|
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor... |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|