Arredor de Lámbrica


Casa patio en Lámbrica
Casa patio en Lámbrica

A liña vermella que debuxamos separa unha unidade de habitación, composta por varias estancias, ao xeito dunha casa moderna. Algunhas habitacións -que moita xente confunde con cabanas independentes- son circulares, posiblemente como recordo das antigas construcións feitas totalmente con elementos vexetais.

Outras estancias son ortogonais ou cadradas, tendendo a formar ángulos nas esquinas. Non é certo que ningunha tipoloxía das dúas (planta cadrada ou circular) sexa máis antiga cas outras.

Seguramente obedecen a tradicións culturais da época, diferenciándose o uso dado á estancia segundo a súa planta. Así, é máis habitual que as cabanas que teñen fogar sexan circulares, aínda que esto non se respecta sempre.

Obsérvese como a "casa-patio" ten unha soa entrada dende o exterior.

Anterior ← VER GALERÍA→ Seguinte

Arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e Ourantes, do monte do Santrocado e do Castelo de Laias: deuses, mámoas, petroglifos, castros, xentes...

 Artigos destacados
 Outros artigos, blogues ou webs
 Procurar en Lámbrica

© by Abertal