Arredor de Lámbrica


Lámbrica
Lámbrica

Recreación libre dun posible barrio de Lámbrica, co Monte do Santrocado ao fondo, haberá uns dous mil trescentos anos, máis ou menos...

A composición fíxose sobre unha fotografía actual engadindo fotos de cabanas reconstruídas noutros castros, como Santa Trega ou Vigo.

As cabanas circulares poden convivir con estruturas ortogonais, pechándose varias cabanas cara un patio común, constituíndo a vivenda dun núcleo familiar no que existían cociñas, talleres e outras estancias independentes. Son as típicas "casas-patio" que se escavaron en Lámbrica, e que podemos ver moi ben pola ladeira occidental.

Noutros castros podemos ver cabanas individuais con pequeno patio dianteiro, como a típica construción reedificada no Monte Santa Trega.

En épocas máis antigas as cabanas deberon ser máis sinxelas, incluso construídas con elementos vexetais, que son máis difíciles de detectar no rexistro arqueolóxico.




Anterior ← VER GALERÍA→ Seguinte

Arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e Ourantes, do monte do Santrocado e do Castelo de Laias: deuses, mámoas, petroglifos, castros, xentes...

 Artigos destacados
 Outros artigos, blogues ou webs
 Procurar en Lámbrica

© by Abertal