Cruceiros hai moitos.
Pero aquil cruceiro estaba soio.
Estaba no meio duns camiños, alá no monte,
indo pra Fareixa. Camiños sen esquerda nin dereita:
camiños que se perden na noite.
PERFECTO SULLEIRO. Cruceiro, en A Beira da Vida. Ediciós do Castro. 1988.
O nome da Ermida, nunha paraxe chamada tamén As Múas ou O Couto, é recordo dunha antiga capela, da que se conservan documentos que falan da súa existencia a finais do século XVII.