|
|
|
Detalle da pía na Peneda do Santo |
|

Na parte superior do Penedo do Santo está esta pía de orixe natural pero modificada nas esquinas, formando unha cavidade pseudocuadrangular. As medidas aproximadas están entre 55 e 60 centímetros de lado.
As esquinas están orientadas aos puntos cardinais. Non hai dúbida de que a orientación é intencionada, aínda que non é posible saber en que momento foi modificada a posible pía natural da pedra.
Pola parte Nordeste hai un desaugue.
Un lagar ritual cristianizado?
|
|
|
|
|
|