Retablo da igrexa de Santa Uxía de Eiras (San Amaro) realizado por Francisco de Castro Canseco en 1704. Tras unha "
restauración" a principios da década de 2000 as imaxes que vemos na fotografía foron cambiadas de sitio.
A fotografía foi modificada para mostrar a disposición orixinal das imaxes: arriba está
Santa Uxía, a patroa da parroquia. Á esquerda
San Xosé e á dereita
San Xoán Bautista.
Esta disposición é a ideada polos seus autores a principios do século XVIII, por iso o canon da imaxe da patroa e dos anxos que están nos extremos superiores é máis alongado que o das figuras do corpo inferior. Un recurso escenográfico típico do barroco que os "
restauradores" do século XXI ignoraron.