Arredor de Lámbrica


Esquema do trisquel de Lámbrica / Esquema del trisquel de Lámbrica
Esquema do trisquel de Lámbrica / Esquema del trisquel de Lámbrica

A fotografía da dereita corresponde a un trisquel ou tríscele atopado na citania de San Cibrao das Las ou Lámbrica, en Ourense, formando parte do sollado dunha cabana.

Os trisqueles poden basearse xeometricamente nun hexágono regular inscrito nunha circunferencia. Dende o centro desta última, trázase outra circunferencia coa metade do raio da anterior. O raio é a distancia que hai entre un punto da circunferencia e o centro da mesma.

En cada punto onde se cruza esa circunferencia interior con cada un dos raios do hexágono trazamos, co mesmo raio da segunda circunferencia, outras seis.

Tamén se pode partir dun hexágono inscrito na circunferencia central. Neste caso as seis circunferencias seguintes terán como centro os vértices dese hexágono.

Pero é posible construír o tríscele só con círculos, partindo dun maior e doutro central coa metade do raio do primeiro. Seguramente a perfección de moitos trisqueles da Idade do Ferro se obtivo cun método similar a iste.

Co mesmo raio deste último, e con centro nun punto calquera da circunferencia central, trazamos outra, tanxente simultaneamente á circunferencia maior e ao centro desta última.

As seguintes cinco circunferencias que nos quedan deberán ter o centro na intersección da circunferencia (que acabemos de trazar) coa circunferencia central. Esas cinco deberán tamén ser tanxentes á circunferencia maior e ao centro dela.

En realidade sae un hexasquel. A partir del, se discriminamos tres follas intermedias, chegaremos ao tríscele.

Poderemos seleccionar o sentido de xiro que queremos darlle á figura, dextróxiro (hacia a dereita) ou levóxiro (cara a esquerda).

É curioso que o deseño central que nos queda é un motivo floral ou roseta de seis puntas, tamén moi representado na arte castrexa en pedra do noroeste da Península Ibérica e presente en Castromao, Armeá, Briteiros, Sabanle (Crecente), Santa Trega (A Guarda)...

En Lámbrica tamén foi atopado un motivo deste tipo, roseta de seis puntas, nas escavacións de López Cuevillas en 1922, hoxe en paradeiro descoñecido.





La fotografía de la derecha es de una pieza de granito que contiene un trisquel, encontrada en la citania de San Cibrao de Lás, Lámbrica, en la provincia de Ourense, formando parte del pavimento de una cabaña.

Los trisqueles pueden basarse geométricamente en un hexágono regular inscrito en una circunferencia. Desde el centro de esta última trazamos otra circunferencia con la mitad del radio de la anterior. En cada punto en el que se cruza esa circunferencia interior con cada uno de los radios del hexágono trazamos, con el radio de la segunda circunferencia, otras seis.

También se puede partir de un hexágono inscrito en la circunferencia central. En este caso, las seis circunferencias tendrán como centro los vértices de este hexágono.

No obstante, es posible construir el trisquel solo con círculos, partiendo de uno mayor y de otro central. Este último, con la mitad del radio del primero.

Con el mismo radio (la mitad del primero) y con centro en un punto cualquera de la circunferencia central, trazamos otra circunferencia tangente simultáneamente a la circunferencia mayor y al centro de esta última.

Las siguientes cinco circunferencias deberán tener su respectivo centro en la intersección de la circunferencia (que acabemos de trazar) con la circunferencia central. Cada una de esas cinco deberán ser tangentes a la circunferencia mayor y a su centro.

En realidad obtendremos un hexasquel, del que deberemos discriminar tres hojas intermedias, alternas, para llegar al trisquel. También podremos seleccionar el sentido de giro de las puntas: a la izquierda (levógiro) o a la derecha (dextrógiro).

Resulta curioso observar el motivo floral o roseta de seis puntas que se forma, un motivo también muy representado en el arte castreño y que podemos ver en el noroeste de la Península Ibérica en los castros de Castromao, Armeá, Briteiros, Sabanle (Crecente), Santa Trega (A Guarda)...

En Lámbrica también ha sido encontrado un motivo floral similar, una roseta de seis puntas, en las excavaciones de López Cuevillas en 1922, hoy en paradero desconocido.






Bibliografía
CALO LOURIDO, F. A Plástica da Cultura Castrexa Galego-Portuguesa. F. Pedro Barrié de la Maza. Tomo I, páx. 438. A Coruña, 1994.













⏪ Imaxe anterior 📷 Galería Imaxe seguinte ⏩

A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0