Arredor de Lámbrica


A Cidade de Lámbrica. Vista aérea
 A Cidade de Lámbrica. Vista aérea

Imaxe procedente de Google Earth.


Pódese apreciar a pequena porción escavada, en relación a grande superficie do castro. Partindo dun recinto central, seguramente con funcións relixiosas ou de élite, vemos un recinto medio que o arrodea, de gran superficie, no que se distribúen as vivendas. As escavacións permitiron ver algunhas das rúas, que denuncian unha certa planificación urbanística. Dúas grandes rúas conducen dende as portas Leste e Oeste ata o recinto central, pero tamén son visibles outras rúas con disposición radial. A porta Oeste ten, diante de si, outra muralla con outra porta monumental, que configura un recinto exterior a modo de foxo. A superficie total do castro aproxímase as 9 hectáreas. Trátase dun óvalo, máis ou menos regular, co eixo maior orientado de norte a sur. Iste eixo maior mide 452 metros de lonxitude. O eixo menor mide 253 metros. O recinto central ten unha superficie de 0,86 hectáreas.

Se puede apreciar la pequeña porción excavada, si la comparamos con la gran superficie del castro. Partiendo de un recinto central, seguramente con funciones religiosas o de élite, vemos un recinto medio que lo rodea, de gran superficie, en el que se distribuyen las vivendas. Las calles que quedaron patentes tras las excavaciones denuncian una cierta planificación urbanística. Dos grandes calles conducen desde las puertas Este y Oeste hasta el recinto central, pero también son patentes otras calles con disposición radial, en el recinto medio. La puerta Oeste tiene delante otra muralla con su correspondiente puerta monumental, lo que configura un recinto exterior a modo de foso. La superficie total del castro se aproxima a las 9 hectáreas. Su planta constituye un óvalo, más o menos regular, con el eje mayor orientado de Norte a Sur. El eje mayor mide 452 metros de longitud. El menor mide 253 metros. El recinto central tiene una superficie de 0,86 hectáreas.





⏪ Imaxe anterior 📷 Galería Imaxe seguinte ⏩

A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0