A Cidade de Lámbrica
 A Cidade de Lámbrica

A Cidade castrexa de San Cibrao das Las e Ourantes, entre os concellos ourensáns de San Amaro e Punxín, é o segundo castro máis grande de Galicia, con algo máis de 9 hectáreas de superficie. Posiblemente reconstruído en época tardía, constitúe un paradigma de poboamento da época castrexa do noroeste peninsular, cunha perfecta planificación nas súas defensas e nas distribucións dos seus barrios, con fontes de auga para abastecer á poboación e cunha rúa central que cruza a citania de leste a oeste. Aquí vemos a ladeira occidental da citania.








⏪ Imaxe anterior 📷 GALERÍA Imaxe seguinte ⏩

Felisindo González Iglesias

  💫 Escolma de ligazóns
  🔎 Procurar nos artigos
  📚 Escolma de artigos
  📷 Galerías de imaxes

© by Abertal