Está situado na parte exterior das murallas, na ladeira Surleste do castro de Lámbrica, oficialmente chamado de San Cibrao das Las, pero que tamén é de Ourantes. Administrativamente está situado no territorio desta parroquia.
Posúe unhas rudimentarias escaleiras, para acceder ó fondo, e bastante profundidade (aproximadamente 3 metros).
Este alxibe, o segundo que se descubre no castro, parece, pola súa incomodidade para aproveitar a auga dende o interior do castro, ter un manantial intramuros. Posiblemente outra fonte monumental que aínda está por descubrir.
Facer notar o abandono, unha vez escavada, e a delicada situación das súas paredes, que ameazan con desplomarse cara o interior.
Ver outra fotografía do alxibe
Ver artigo