Situado cerca do castro do Coto de Mosteiro, esta igrexa pertenceu a un monasterio de monxas que xa existía no século XII. A principios do século XVI, dona Inés de Sanabria, a derradeira abadesa, foi destituída e confinada en San Paio de Antealtares, de onde fuxíu.
A igrexa de San Pedro de Lobás, que vemos na fotografía, e o derruído mosteiro edificado ó seu carón, seguen a esperar unha merecida restauración que non acaba de chegar. O castro situado nas súas inmediacións engádelle maxia a este conxunto, complementado por múltiples restos etnográficos derivados da tradición agropecuaria da zona, particularmente innumerables muíños hidráulicos que tamén xacen no abandono.
Inmediato ó conxunto monástico existe un importante castro, o
castro de Coto de Mosteiro, sumido tamén no máis profundo abandono.