Para construír esta fonte no cumio do Santrocado atravesaron coa condución a
muralla castrexa, pois a auga é captada monte abaixo. Daquela, hai uns sete ou oito anos, movéronse sen ningún pudor os restos arqueolóxicos para facer unha obra que foi rabiosamente aplaudida polos asistentes á romería do Santrocado.
Mágoa que a auga seica é "
no potable", igual que a xestión do Patrimonio das administracións culturais de Galiza, Ourense, Punxín e San Amaro, que non tratan de controlar este tipo de obras.
Enriba, agora tampouco hai auga. ¿para que serve entón tanto dano ás pedras castrexas?