Ruta terrestre que enlazaba o porto fluvial da Barca (Barbantes-Estación, Cenlle) co castro de
Lámbrica (San Cibrao das Las e Ourantes, Punxin)
Actualmente o nome oficial da Barca é Barbantes-Estación. Tradicionalmente houbo neste pobo unha barca para cruzar o río, o que fai necesaria a existencia dun porto o embarcadoiro. Na Antigüidade o río Miño era navegable ata estes lugares (sabémolo por Estrabón, que nos di que o río
Bainis era navegable 800 estadios). Podemos supor entón que o devandito embarcadoiro, ou algún situado nas súas cercanías, tivo que ser utilizado naquela época, tendo en conta a magnitude excesiva do castro que se atopa a 3,6 quilómetros,
Lámbrica, un dos maiores de Galiza. Lámbrica está nunha extensa e rica zona mineira que chega ata lugares do Carballiño e do Irixo, con manifestacións de minas antigas tan sobresaíntes como as do Puzo do Lago ou as de Loureiro. É lóxico pensar que houbo exportación dos minerais obtidos ou dos metais elaborados, e elo só sería posible a través de rutas fluviais que enlazaran cos circuitos comerciais atlánticos.
Ver tramo da calzada entre A Barca de Barbantes e Lámbrica
Ver artigo
A Ciudá dos Chaos, Lámbrica