Vista do monte do Santrocado (550 m.) dende o castro de Lámbrica, a 460 metros de altitude e ó Norte daquel.
O Santrocado tamén tivo un pequeno castro. Obtivéronse nel datacións anteriores ás de Lámbrica, pero é posible que fosen simultáneos, xa que dende o Santrocado é fácil defender Lámbrica pola parte Sur, a que da á beira do Río Miño.