A fotografía aérea mostra un esquema así. É de resaltar a superficie, tendo en conta que na parte SE non se perciben moi ben as murallas máis exteriores. A liña divisoria dos concellos atravesa exactamente polo medio do xacemento, ó igual que ocorre en San Cibrán das Las.
Denunciar tamén que a parte do Irixo está completamente parcelada, xusto encima do castro e nun territorio que non hai moito tempo tivo que ser, á forza, comunal. Pódese ver nas páxinas da
Sede Electrónica do Catastro.
Unha mostra máis da desidia das institucións que permitiron o parcelamento e o pase a mans privadas e, tamén, outro atranco para recuperar e estudar o xacemento, como farían en calquer país avanzado.
Ver artigo: O Casto de Souteliño e Prado entre Irixo e Boborás (Ourense)