Arredor de Lámbrica


Muíño de man castrexo (fragmento)
Muíño de man castrexo (fragmento)

Este fragmento dun muíño de man pétreo das épocas castrexa e romana foi atopado nas obras de escavación da autovía A-52 no poboado mineiro do Castelo das Laias, en 1997.

Este poboado mineiro, na ladeira sur do Monte do Santrocado, non estaba lonxe do castro de San Cibrao das Las-Ourantes, Lámbrica, ó que tivo por forza que estar sometido.

Hay constancia de achádegos de maior importancia, entre os que se atopan diversas moedas romanas, pero o poboado desapareceu tras a habitual "escavación de urxencia", urxencia para rematar pronto a autovía e non asumir os costes que conlevaría o seu desvío.

Co poboado mineiro do Castelo de Laias, como con tantas outros destruídos pola desidia e o desdén de ministros, conselleiros, concelleiros, asesores e caciques locais fóronse moitas páxinas da nosa historia e da nosa cultura.

⏪ Imaxe anterior 📷 Galería Imaxe seguinte ⏩


  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0