Situado ó Nordeste do panel, posúe maior tamaño e máis liñas concéntricas que os seus compañeiros da peneda. Cara o Nordeste, a dous quilómetros en liña recta pero sen visibilidade directa, está situado o castro de Lámbrica.
Este petroglifo forma liñas con dous dos seus compañeiros. Unha delas apunta cara o lugar onde se pon o Sol no horizonte no solsticio de inverno. A outra liña, con outro petroglifo distinto, apunta cara a lugar de solpor no solsticio de verán.