Arredor de Lámbrica


Imaxe na capela do San Trocado
Imaxe na capela do San Trocado

Esta imaxe de pedra foi realizada nos anos noventa do século XX, cando se reparou a ermida, se lle estendeu un piso de baldosa de cociña e tamén unha irrespetuosa cuberta de formigón que substituiu ás vellas vigas de castiñeiro.

A imaxe representa ó varón apostólico San Torcuato ou Trocado, que ten un báculo nunha man e unha pedra (hai quen dí qu é un corazón) na outra.

Tamén hai unha representación súa na fachada do mosteiro de San Rosendo de Celanova, onde se gardan parte das súas reliquias, provintes da igrexiña de Santa Comba de Bande. Pero o culto ó Santrocado parece ser algo moi común ó Noroeste peninsular, e debe ter moito que ver con prácticas relixiosas prerromanas. De feito, hai lugares en Portugal que tamén din ter as súas reliquias.


Anteriormente, na capela entre San Amaro e Punxín, houbo outra imaxe, de madeira, que hoxe está en paradeiro descoñecido, roubada a principios dos anos sesenta. Non se soupo nada máis. O caso é que, nun dos anos inmediatamente anteriores, o cura Don Celso dixera no medio nunha misa na romería: "El hijo de mi padre aquí no sube más".

Supoño que, se dixo verdade, non sería el o que subiría a coller o santiño. O asunto do enfado tiña que ver cunha blasfemia que se escoitou na consagración, pero tamén cun famoso decreto episcopal da época que esixía a separación do relixioso e do profano, algo complicadísimo nas nosas romerías populares.

Sospeito que o clero o que buscaba era combater as sospeitas, que empezaban a espallarse entre algúns romeiros, de que a romería no monte tiña claras raíces precristiáns.

Aí empeza o declive da romería, á que acudían catro parroquias lindantes. Unha auténtica pervivencia de ritos antergos, aínda que disfrazados coa cristianización.

Hoxe, se subimos ó Santrocado, atoparemos esta imaxe e... unhas impresionantes vistas, alí, ó ladiño do castro de Lámbrica, entre San Amaro e Punxín.


Na igrexa parroquial das Las hai outra imaxe, que sube nos días de festa. Pero xa non vai en procesión... vai nun turismo. Cousas do progreso.

⏪ Imaxe anterior 📷 Galería Imaxe seguinte ⏩


  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0