O alto do Santrocado está a 550 metros de altitude. Dende alí pódese, en días claros, ollar unha ampla contorna. Cara o sureste e sur, esta situación privilexiada permite vixiar calquera movemento na ruta fluvial do rio Miño, o Bainis dos textos clásicos.