Arredor de Lámbrica


Portada orixinal da reitoral de San Cibrao das Las
Portada orixinal da reitoral de San Cibrao das Las

Portada orixinal da reitoral de San Cibrao das Las antes do seu derrubo en xaneiro de 2001, para "ampliar o campo da festa", segundo manifestacións radiofónicas do concellal de cultura e presidente da asociación de veciños.

A portada orixinal está desaparecida, facéndose unha "reconstrución" aconsellada polos "ténicos de patrimonio", seica... "á súa maneira."

Tamén desapareceu a escalinata semicircular barroca de granito que daba acceso ó adro, substituída por unha rampa de cemento.


O que alí fixeron foi isto:


A vella portada contiña unha perfecta moldura barroca con ameas. A base da cruz tamén era de pedra, coidadosamente labrada, que posiblemente procedía do cumio da igrexa parroquial (1739) de onde puido ser retirada nas obras dos anos cincuenta do século XX.


Na reconstrución non coincidía ningún dos sillares, as molduras non están tan ben traballadas e o van da porta é moito máis estreito (na fotografía da reconstrución vemos as follas da porta de ferro, unha en cada oco da cerca. A simple vista xa se ve que as dúas follas non collerían no oco da "restauración"). A base da cruz tampouco é a mesma. U-las pedras?

Nin as forzas de seguridade nin os técnicos de patrimonio deron cos causantes, que saían nos medios atacando aos denunciantes. Ten certa gracia.

RIP polo portalón de San Cibrao das Las e pola súa fermosa contorna.





Voltar





Cruceiro na contorna da reitoral, xusto onde se realizaron as obras (fotografía de 1995)

⏪ Imaxe anterior 📷 Galería Imaxe seguinte ⏩


  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0