O castro de Santa Mariña está situado cerca do lugar de Casanova, na parroquia de San Miguel de Armeses, no concello ourensán de Maside. Santa Mariña está envolto nas repetidas lendas de mouros, pero tamén de lendas milagreiras que fan referencia a curacións, sarcófagos e ocos nos que ?se lavaba a Virxe?.
O abandono impide que poidamos gozar dos restos arqueolóxicos alí presentes que, de cando en cando, as xestas nos deixan adiviñar.