Arredor de Lámbrica


Equinoccio de primavera na peneda da Saínza
Equinoccio de primavera na  peneda da Saínza

Ano 2010, marzo, 21, solpor.
O sol está a pórse. Vémolo dende unha pena lendaria, hoxe límite territorial de parroquias e concellos. O lugar, A Saínza, entre as parroquias de San Martiño de Beariz (San Amaro) e San Miguel de Vilar de Rei (Cenlle).

A foto 1 móstranos a peneda pola súa parte superior. Se nos interpoñemos entre o Sol do solpor equinoccial de marzo e a peneda da Saínza obterémola proxección da nosa sombra cara… o castro de San Cibrao das Las!

Mágoa que na foto 3 a casa ocúltanos case toda a vista do castro. Na foto 4, desprazados dous ou tres metros cara o Sur para que non nos estorbase a casa, podemos apreciar a presenza do castro das Las, da posible Lámbrica dos textos de Mela, no horizonte Leste.

Este aliñamento non ten nada que ver cos aliñamentos solsticiais observados noutros lugares da zona, coma os da peneda da Ermida en Eiras. Pero tamén nos dá fe de que os eventos astronómicos estiveron presentes na vida dos nosos devanceiros. Velaí queda unha mostra para que prestemos máis atención o seu estudo e… unha chamada para que as construcións non continúen a invadir estes lugares tan máxicos.





Anterior ← Ir á galería de fotografías→ Seguinte

Entre San Cibrao das Las e Ourantes, a 'Cidade Forte da Chaira' foi a 'civitas´ dun amplo territorio aurífero, estannífero e férrico, que accedía ao Atlántico pola vía fluvial do río Miño

 Ligazóns de aquí e de alá... importantes
 Índice cronolóxico de entradas
 Procurar neste blogue

© by Abertal