Imaxe de San Trocado
Imaxe de San Trocado

Na igrexa de San Cibrao das Las gárdase esta imaxe de San Trocado ou Torcuato, que era levada ó cumio do monte do mesmo nome no día da súa romaxe, todos os días 15 de maio.

Na capeliña do monte contan que había outra imaxe, que algúns identifican con San Sidre ou Isidro, e que foi roubada a finais dos anos cincuenta do século pasado, cando o párroco se negou a seguir facendo a romaxe.

O culto ó Santrocado suplantou a cultos anteriores, posiblemente vinculados con Xúpiter. Pode contribuír a soster esta hipótese o feito de que ambos teñen en común o lóstrego ou raio, un atributo de Xúpiter e un dos fenómenos atmosféricos máis temidos polos agricultores das nosas comarcas, que invocaban ó San Trocado para alonxar ás tormentas.


⏪ Imaxe anterior ⏪ 📷 GALERÍA ⏩ Imaxe seguinte ⏩

💫 2009-2020

  💫 Escolma de ligazóns
  🔎 Procurar nos artigos
  📚 Escolma de artigos
  📷 Galerías de imaxes

© by Abertal