Na igrexa de San Cibrao das Las gárdase esta imaxe de San Trocado ou Torcuato, que era levada ó cumio do monte do mesmo nome no día da súa romaxe, todos os días 15 de maio.
Na capeliña do monte contan que había outra imaxe, que algúns identifican con San Sidre ou
Isidro, e que foi roubada a finais dos anos cincuenta do século pasado, cando o párroco se negou a seguir facendo a romaxe. Agora, na capeliña loce una imaxe moderna en granito, realizada na década dos anos oitenta.
O culto ó Santrocado suplantou a
cultos anteriores, posiblemente vinculados con Xúpiter. Pode contribuír a soster esta hipótese o feito de que ambos teñen en común o lóstrego ou raio, un atributo de Xúpiter e un dos fenómenos atmosféricos máis temidos polos agricultores das nosas comarcas, que invocaban ó San Trocado para alonxar ás tormentas.