|
|
|
Cruceiro nimbado en Eiras, con mesa de pedra. |
|

Cruceiro con nimbo en Santa Uxía de Eiras. Un dos tres cruceiros que había na parroquia, dos que sobreviven só dous. Ten mesa de pedra.
As cruces nimbadas, con círculo na intersección dos seus brazos, tamén son chamadas cruces celtas.
Outro cruceiro coma este, pero sen a mesa de pedra, estaba na capela de Santa Eufemia de Salamonde, sendo retirado e cambiado por outro cruceiro moderno e sen valor artístico.
|
|
|
|
|
|