|
|
|
Muralla derrubada ó Sur do castro do Santrocado (San Amaro e Punxín) |
|

O montón de pedras indica a dirección dunha vella muralla castrexa, que recorre parte do castro do Santrocado dende o Sur ata o Noroeste. Este pequeno castro está moi cerquiña da Cidade de San Cibrao das Las, co que debeu ter, obviamente, algunha relación. Tamén podería verse como o punto de vixiancia sobre o val do Miño dos habitantes do citado castro de Las, xa que este non ten boas defensas pola súa parte Sur. O Santrocado sería, logo, unha prolongación de Lámbrica cara o Sur. Ademais, a excesiva cercanía de ambos castros non permite pensar que fosen competidores entre si.
|
|
|
|
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor... |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|