Arredor de Lámbrica


Esquema do aliñamento solsticial de inverno no Santrocado
Esquema do aliñamento solsticial de inverno no Santrocado

Dende o punto B, unha rocha con pía e marcas territoriais (letras e cruciforme), arranca unha liña que pasa pola base do muro Sur da capela cara a outra pedra (rocha A, que non figura neste esquema) situada ó Suroeste, e que tamén ten unha pía. A prolongación desa liña (liña vermella no esquema) cara o horizonte indicará o punto de solpor do solsticio de inverno.

A rocha A ten unha pía máis profunda, susceptible de soster algún tipo de poste ou sinal.

O aliñamento debeu usarse como calendario, pero tamén debeu ter implicacións relixiosas ou rituais, xa que é moi sospeitosa a construción da capela interferindo na liña de solpor. O feito de que que esta liña pase exactamente polo punto medio da base da fachada Sur da capela do San Torcato ou Trocado fai pensar nunha superposición de cultos.

(Ver artigo neste mesmo blog).





Ver O castro do Coto do Santrocado

Anterior ← Ir á galería de fotografías→ Seguinte

Arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e do monte do Santrocado: deuses, mouros, mámoas, petroglifos, castros, pedras, xentes...

 Imprescindibles
 Índice cronolóxico de artigos
 Pescudar nos artigos

© by Abertal