Arredor de Lámbrica


O portalón da reitoral de San Cibrao das Las (San Amaro), un exemplo de destrución do Patrimonio
O portalón da reitoral de San Cibrao das Las (San Amaro), un exemplo de destrución do Patrimonio

O portalón derrubado en 2001 deu paso a un "fermoso" contorno na igrexa de San Cibrao das Las, no concello de San Amaro. As pezas do portalón barroco desapareceron e... canda elas, tamén a credibilidade de políticos e técnicos de patrimonio.

A tipoloxía da entrada principal á reitoral de San Cibrao das Las responde a certo tipo de portadas con ameas, podendo ser dúas, catro ou máis, case sempre simétricas do punto central onde se sitúa unha cruz, tamén de pedra.

No caso da reitoral que derrubaron tratábase exactamente de dúas ameas enteiras, rematadas en punta, e dúas medias ameas en cada extremo.

A cruz central que tiña cando a derrubaron era de cemento, non sendo por tanto a orixinal. Non existe constancia desta cruz orixinal, debendo suporse que está desaparecida desde hai bastantes décadas.

A base de pedra con arquiños que sostiña a cruz de cemento tampouco era orixinal da portada. Procede do cumio da ábsida ou "coro" da igrexa parroquial, onde se fixeron obras de ampliación nos anos cincuenta do seculo XX. O "coro", edificio que alberga o altar principal da igrexa, era antigamente máis alto que o resto do templo.

Coa ampliación dos anos cincuenta o tellado quedou ao mesmo nivel que o da nave. O elemento que servía de cumio dun tellado a catro augas foi desbotado e reaproveitado para poñelo na porta da reitoral, onde xa daquela faltaría a cruz barroca.

Esta base de pedra tivo que ser labrada cara a 1739, data que figura en dúas paredes da parte máis antiga da actual igrexa.

Antes do fatídico xaneiro de 2001, cando se fixo desaparecer unha das xoias da parroquia das Las para estender cemento no campo da festa, o portalón era así:










⏪ Imaxe anterior 📷 Galería Imaxe seguinte ⏩


  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0